On 5/10/07, xabier <xab...@tagenata.com> wrote:
Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
cientifico-lingüistico da investigación bastante potente, ainda que eu
siga a pensar que ao mellor tería collido outras solucións (sobre todas
as que comentei antes).

O glosario vexoo como unha guía, despois cada un seguira probabelmente a
seu librillo.

Eu tamen penso asi

O Xov, 10-05-2007 ás 12:46 +0200, Dani Muñiz escribiu:
> Ola:
> Eu son dos que pensa que o mellor é consensuar, e como comentei antes
> sempre vai haber onde o tradutor pon o seu gran de area.
> Tan difícil é chegar a un acordo?
> Xabier comenta "glosario do Cesga está validado polo Termigal", isto non
> quita que á hora de escoller un termo ou outro non haxa criterios mais
> ou menos persoal (subxectivo) pois as veces poden haber mais dun temo
> que se adapta á tradución (ollo!! eu non son experto en nada, o meu é so
> unha opinión).

Hai termos que se tardaou moito en chegar a un acordo. O galego non está
normalizado no eido das tecnoloxía (e en outros moitos), polo que
imaxinate tendo en conta como somos os galegos e galegas, o que se tarda
en chegar a ese acordo ;-) .

Supoño que si, pero que eu saiba non se contou moito con nós.

> Eu non son un entusiasta do galego da RAG mais aceptoo a pesar de que
> este organismo non vela nin traballa polo galego o suficiente (por dicir
> algo).
> En definitiva, penso que sería bo que os tradutores fixésemos un esforzo
> por consensuar un glosario e que os do cesga (mancomun) da a impresión
> que van por libre (iso non me gusta).

Non creo que vaian por libre, máis ben creo que algunhas veces son
parcos/as na información que dan, o que deriva en malos entendidos.
Na miña opinión tiñan que estirarse un pouco máis cando dan as noticias,
porque despois andamos despitados/as.

Deberian ter avisado antes de que estaban traballando nisto. Cando
montaran Mancomun eu lera nalgures que era para avanzar colaborando
coa xente que xa estaba a elo. No caso do glosario non vexo
colaboración ningunha con nós. Básicamente enteramonos cando xa está
feito.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

Responderlle a