O Mér, 02-07-2008 ás 09:05 +0200, mvillarino escribiu:
> Vaia, non o enviei á lista
> ---------- Forwarded message ----------
> From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
> Date: 2008/7/2
> Subject: Re: plugin, add-on
> To: damufo <dam...@gmail.com>
> 
> 
> 2008/7/2 damufo <dam...@gmail.com>:
> > mvillarino escribiu:
> >>>>
> >>>> addon: complemento
> >>>> extension: extensión
> >>>> plugin: engadido
> >>
> >> En non apoio isto: o de engadido non me gusta.
> >>
> > Eu penso que é mellor indicar e/ou dar argumentos, alternativas do que
> > gusta, non do que non gusta. Cal é a alternativa?
> 
> Non apoio isto polos seguintes motivos:
> -Primeiro porque estaba máis ou menos determinado que plugin era ou
> plugin ou extensión, como xa está recollido no glosario desde hai
> tempo.
> 
> -Segundo, porque se imos a traducir "literatim" do inglés, temos:
>    -Add-on: Engadir en
>    -Extension: extender
>    -Plug-in: Enchufar en.
>   Isto é, o tipo de aumento de funcionalidades que debería ir en
> galego cunha palabra derivada de "engadir" é add-on. Ás outras dúas
> habería que meterlles solucións imaxinativas.
> 
> -Terceiro e máis importante: porque na prática totalidade de kde temo
> posto como tradución de plugin ou plug-in o vocábulo "extensión", e
> estamos no medio do ciclo de vida dunha versión maior, polo que me
> parece pouco procedente unha modificación deste calibre agora.
Paréceme que segundo estas traducións literais, o correcto sería:
addon: engadido
extension: extensión
plugin: complemento
Non é? (que non digo que me convenza, pero é outra opción)

> 
> > A cuestión é se os que vos opoñedes estades de acordo en que estas tres
> > palabras (addon, extension e plugin)teñan traducións diferentes (tal como
> > fai por exemplo o firefox).
> Eu non teño nengunha obxección en darlles tres traducións diferentes
> nos produtos nos que se diferencie entre estes tres mecanismos de
> ampliación das funcionalidades e características.
> 
> Permítome propor unha alternativa, onde dou preferencia ao criterio de
> mínimo esforzo (non ter que revisar):
> Addon: Complemento
> Plugin: Extensión ou plugin
> Extensión: Ampliación
> 
> 

Responderlle a