Sinto a confusión SÓ MIÑA entre ficheiro e arquivo de onte. Escribirei 1000 veces "file=ficheiro" :)

En canto ás discusións terminolóxicas coma esta, entendo que nalgún momento hai que atopar un criterio e poñer datas límites para que non sexa unha eterna discusión... e máis que me pese, estaba a pensar no voto.

Pola miña banda dou un voto positivo á traducción inferior e apunto como data límite para a discusión, 7 días despois do inicio.

Igual era ben ter un sistema de "tracking" no glosario, para saber cando, quenes e porqué (se se decide así, por exemplo) se seleccionou tal traducción para algún termo en particular.

Voume deitar.

Leandro Regueiro escribiu:
>> Posto que parece que plugin e extensión non é o mesmo, aínda que non
>> saibamos en que se diferencian, está claro que algunha teñen e polo tanto a
>> tradución non debería ser a mesma.
>> Penso que o mellor é facer escollas diferentes para plugin e extensión, no
>> que parece que estamos de acordo e en addon -> complemento.
>>
>> Algunha suxestión?
>>
>> addon: complemento
>> extension: extensión
>> plugin: engadido
>
> O problema é eses outros programas que non teñen tan clara a
> distinción e na que usan indistintamente un ou outro termo. O de
> plugin=engadido segue sen parecerme ben, pero se a maioría apoia isto
> haberá que achantar.
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro


--
Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://www.adorfunteca.org

Responderlle a