>
>
> > Cavalryman
>
> > Cavalier
> Como vedes temos problemas cas unidades a cabalo. Como demo traducimos
> cavalier e cavalryman se xa estamos usando tódalas posibles
> traducións. Ideas??????


Supoño que os termos [knight, cavalier, cavalryman] serán sinónimos, pero
que prentenderán usalos para diferenciar en algo a esas unidades.

Cavalry é cabalería, polo que eu deduzo que o "Cavalryman" é un membro
oficial dese grupo militar. Poderíase traducir por "montado" [non estou
seguro que ese termo exista en galego] seguindo a liña dos "policías
montados".

Por outro lado "Cavalier" procede do francés "chevalier" (que significa
cabaleiro), pero foi empregado orixinalmente para referirse a membros da
nobreza seguidores de Carlos I [
http://es.wikipedia.org/wiki/Cavalier_(apodo) ]. Non estou seguro que esa
acepción se preste moito en este contexto.

Isto deixa a "Knight" e "Cavalier" como "cabaleiro", pero existe un sinónimo
de cabaleiro (que monta a cabalo) que é "Xinete" [anque entón entraría un
novo termo en xogo: "Rider"].

Deixando a un lado este último problema, eu proporía algo como o que segue:

Cavalryman: "montado".
Cavalier: "cabaleiro" [por se existise algún matiz de nobreza]
Knight: "xinete" [anque non me gusta demasiado: a falta de algo mellor].

¿Propostas?

Responderlle a