2008/7/24 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
>
>
> On Thu, Jul 24, 2008 at 11:16 AM, Leandro Regueiro
> <leandro.regue...@gmail.com> wrote:
>>
>> Ola,
>> estiven pensando en cambiar a tradución actual fixada de rogue que é
>> pícaro por pillabán ou incluso galopín. Que pensades?
>>
>> Ata logo,
>>                 Leandro Regueiro
>
> O de empregar "galopín" non me parece mala idea, anque o significado que lle
> dá a RAG difire un pouco da definición da unidade [máis que nada en canto á
> maldade da personaxe].
>
> [   Diccionario da Real Academia Galega ]
> galopín -inaadx. Que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen
> malicia [rapaz]. Mira que es galopín. Tamén s. ¿Quen foi o galopín que comeu
> todo o pastel? SIN. pillabán, pillo, tunante, tuno.
>
> http://www.xs4all.nl/~roadie/wesnoth_units/1.2/gl_ES/Rogue.html

Home, antes estaba pícaro, que no que a min respecto ten exactamente a
mesma connotación de persoa espelida que aproveita as ocasións, que
básicamente penso que é o paso previo a converterte nun ladrón (igual
non no mundo real, xa que eu ainda non roubei :)).

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a