On Monday 01 September 2008 22:31:37 Miguel Branco wrote:
> O Monday 01 September 2008 22:12:37 Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
> > O Lun, 01-09-2008 ás 22:01 +0200, damufo escribiu:
> > > Ola:
> > > Aínda ando a voltas co keepassx, resulta que me quedas unhas dúbidas a
> > > ver se alguén se lle ocorre algo.
> > >
> > > Random pool successfully reseeded!
> > > O Ffondo común aleatorio refixose (resementouse¿?) con exito! ¿?
>
> Parece que "pool" o deriva da súa acepción como verbo intransitivo (+ info:
> http://keepass.info/help/base/security.html > Random Number Generation )
>
> ..............
>
> Random pool successfully reseeded! > Redistribuiuse a combinación aleatoria
> correctamente (?)

Non penso que "pool" sexa verbo aquí, senón un substantivo. O verbo é 
"reseeded". 

Parece que se trata de xerar (seed) un conxunto (pool) aleatorio. Interprétoo 
como que a xeración (de chaves/certificados?) utiliza valores que acumula e que 
lle sirven para os cálculos. Cando se xera unha chave ou un certificado 
cóllense valores aleatorios (posición do cursor na pantalla, etc.) e parece 
como se se baleirase os valores que tiña acumulados para xerar outros novos.

De ser así podería ser "Creouse correctamente unha combinación aleatoria 
nova".


Xosé

Responderlle a