O Monday 01 September 2008 22:50:50 Xosé escribiu:
> On Monday 01 September 2008 22:31:37 Miguel Branco wrote:
> > O Monday 01 September 2008 22:12:37 Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
> > > O Lun, 01-09-2008 ás 22:01 +0200, damufo escribiu:
> > > > Ola:
> > > > Aínda ando a voltas co keepassx, resulta que me quedas unhas dúbidas
> > > > a ver se alguén se lle ocorre algo.
> > > >
> > > > Random pool successfully reseeded!
> > > > O Ffondo común aleatorio refixose (resementouse¿?) con exito! ¿?
> >
> > Parece que "pool" o deriva da súa acepción como verbo intransitivo (+
> > info: http://keepass.info/help/base/security.html > Random Number
> > Generation )
> >
> > ..............
> >
> > Random pool successfully reseeded! > Redistribuiuse a combinación
> > aleatoria correctamente (?)
>
> Non penso que "pool" sexa verbo aquí, senón un substantivo. O verbo é
> "reseeded".

non expresei ben o que quería dicir; "pool" é un nome e ademais aparece 
adxetivado na cadea; referíame a que  penso que a acepción empregada é a que 
deriva da de "pool" como verbo intransitivo: de "cooperate, concur, conduce, 
combine, band together, unite, associate, affiliate, collude."  > 
cooperarción, concorrencia, combinación, unión, asociación e derivados... 
Entendo que noutras cadeas do Keepass vai aparece coa acepción de 
"asociar/asociación". Conxunto soe ser (IMHO) unha boa tradución inda que ás 
veces non serve, como non caso de "pool xénico", non que é necesario importar 
o termo.


> Parece que se trata de xerar (seed) un conxunto (pool) aleatorio.
> Interprétoo como que a xeración (de chaves/certificados?) utiliza valores
> que acumula e que lle sirven para os cálculos. Cando se xera unha chave ou
> un certificado cóllense valores aleatorios (posición do cursor na pantalla,
> etc.) e parece como se se baleirase os valores que tiña acumulados para
> xerar outros novos.

Eu entendo que o que é, como dis, procurar unha certa variable pseudoaleatoria 
que permita definir un "espazo mostral" definido por números ou vectores do 
que se poidan extraer datos dun xeito aleatorio. Entendo que "seed" define o 
proceso de escolla dese espazo, conxunto numérico, que sería algo distinto á 
xeración dese número aleatorio, que usa un conxunto que non se definiu 
aleatoriamente. Se ó segundo se lle chama "xeración" hai que distinguilo do 
primeiro, por iso creo que se escolle "seed" en inglés, como 
"xermolar/abrochar..." e "xermolo/abrocho...", sería como a base para o 
desenvolvemento posterior de algo.

> De ser así podería ser "Creouse correctamente unha combinación aleatoria
> nova".

así que non creo que esta sexa unha tradución acertada. Logo, como a miña 
primeira proposta tampouco o sería: poderia ser...:?

"Obtivose de novo unha combinación/conxunto aleatorio correctamente!"

Responderlle a