Moitas grazas a todos polas respostas.

A ver que vos parece:

Con respecto a "Random pool successfully reseeded!" debe estar relacionado coa xeración de claves nun cadriño que ten o keepassx no que moves o rato e colle a entropía para xerar unha clave aleatoria. Non sei cal das dúas traducións é a que máis se acerca, pero a de Xosé paréceme máis comprensible, de todos modos penso que se pode facer unha variante máis a partir das dúas:

"Obtívose correctamente unha combinación aleatoria nova"

En canto a "Unexpected error: Offset is out of range" e dado que ninguen se opón á tradución de Nacho pois quedará:
"Erro inexperado: Desprazamento fora de rango."

Para Anhang, pois debe ser un lapsus do que fai o programa, (por poñelo en alemán), porque vir ven na tradución ao inglés. Traducireino como "apendice" para diferencialo de anexo (Attachment).

saúdos e moitas grazas!




Miguel Branco escribiu:
O Monday 01 September 2008 22:50:50 Xosé escribiu:
On Monday 01 September 2008 22:31:37 Miguel Branco wrote:
O Monday 01 September 2008 22:12:37 Ignacio Casal Quinteiro escribiu:
O Lun, 01-09-2008 ás 22:01 +0200, damufo escribiu:
Ola:
Aínda ando a voltas co keepassx, resulta que me quedas unhas dúbidas
a ver se alguén se lle ocorre algo.

Random pool successfully reseeded!
O Ffondo común aleatorio refixose (resementouse¿?) con exito! ¿?
Parece que "pool" o deriva da súa acepción como verbo intransitivo (+
info: http://keepass.info/help/base/security.html > Random Number
Generation )

..............

Random pool successfully reseeded! > Redistribuiuse a combinación
aleatoria correctamente (?)
Non penso que "pool" sexa verbo aquí, senón un substantivo. O verbo é
"reseeded".

non expresei ben o que quería dicir; "pool" é un nome e ademais aparece adxetivado na cadea; referíame a que penso que a acepción empregada é a que deriva da de "pool" como verbo intransitivo: de "cooperate, concur, conduce, combine, band together, unite, associate, affiliate, collude." > cooperarción, concorrencia, combinación, unión, asociación e derivados... Entendo que noutras cadeas do Keepass vai aparece coa acepción de "asociar/asociación". Conxunto soe ser (IMHO) unha boa tradución inda que ás veces non serve, como non caso de "pool xénico", non que é necesario importar o termo.


Parece que se trata de xerar (seed) un conxunto (pool) aleatorio.
Interprétoo como que a xeración (de chaves/certificados?) utiliza valores
que acumula e que lle sirven para os cálculos. Cando se xera unha chave ou
un certificado cóllense valores aleatorios (posición do cursor na pantalla,
etc.) e parece como se se baleirase os valores que tiña acumulados para
xerar outros novos.

Eu entendo que o que é, como dis, procurar unha certa variable pseudoaleatoria que permita definir un "espazo mostral" definido por números ou vectores do que se poidan extraer datos dun xeito aleatorio. Entendo que "seed" define o proceso de escolla dese espazo, conxunto numérico, que sería algo distinto á xeración dese número aleatorio, que usa un conxunto que non se definiu aleatoriamente. Se ó segundo se lle chama "xeración" hai que distinguilo do primeiro, por iso creo que se escolle "seed" en inglés, como "xermolar/abrochar..." e "xermolo/abrocho...", sería como a base para o desenvolvemento posterior de algo.

De ser así podería ser "Creouse correctamente unha combinación aleatoria
nova".

así que non creo que esta sexa unha tradución acertada. Logo, como a miña primeira proposta tampouco o sería: poderia ser...:?

"Obtivose de novo unha combinación/conxunto aleatorio correctamente!"


Reply via email to