Leandro Regueiro escribiu:
2008/9/2 damufo <dam...@gmail.com>:
Moitas grazas a todos polas respostas.

A ver que vos parece:

Con respecto a "Random pool successfully reseeded!" debe estar relacionado
coa xeración de claves nun cadriño que ten o keepassx no que moves o rato e
colle a entropía para xerar unha clave aleatoria.
Non sei cal das dúas traducións é a que máis se acerca, pero a de Xosé
paréceme máis comprensible, de todos modos penso que se pode facer unha
variante máis a partir das dúas:

"Obtívose correctamente unha combinación aleatoria nova"

Eu lembro que cando tivera que fedellar con funcións para xerar
números aleatorios, se non lle pasabas unha semente á función está
sempre devolvia os mesmos números na mesma orde. Supoño que se
referirá a iso, a que escolle un novo número coma semente para que
despois os números devoltos si que sexan aleatorios.

En canto a "Unexpected error: Offset is out of range" e dado que ninguen se
opón á tradución de Nacho pois quedará:
"Erro inexperado: Desprazamento fora de rango."

inesperado sen x.
certo!, foi un lapso, e co corta e pega...

Para Anhang, pois debe ser un lapsus do que fai o programa, (por poñelo en
alemán), porque vir ven na tradución ao inglés. Traducireino como "apendice"
para diferencialo de anexo (Attachment).

Respecto disto non sei. Guíate polos outros comentarios.

Ata logo,
                         Leandro Regueiro

Responderlle a