Antes de nada bo resumo, ainda que non sei se foi culpa túa ou que,
pero todo xunto e seguido é case ilexible, e por certo, as túas
mensaxes sempre me chegan igual.

> Primeiro, o 'tono' do encontro. A xente de mancomun.org, liderada por Suso,
> parece moi interesada en incorporar á comunidade de tradutores voluntarios
> ás súas decisións e con ese espirito descorreu a charla, na que cada quen
> puido e tivo tempo de falar libremente de canto quixera e estimara oportuno.
> Así o fixemos. Recibimos información e nós demos opinión. Igualmente, as
> empresas presentes, Imaxín e TagenAta igualmente parecen dispostas a
> participar na tradución e colaborar co que se lle pide dende a comunidade: e
> parece que así é pois liberan as memorias de tradución xa (algo que
> descoñecía) e compromentense a o seguir fancendo.

Xa colgaran os de Mancomún un ficheiro TMX cas traducións do Firefox
se mal non lembro.

> Segundo. Facilitáronnos unha copia dun documento interno que versa sobre
> localización e que consideran unha versión de traballo (mandouno Suso á
> lista de g11n, non me acordaba, e adxúntoo aquí tamén así coma unha lista
> cos temas que se tocaron. En pdf e convertida a .doc polo de Marce, a ver se
> lle val). Considéroa unha boa aproximación. [[Dise que as reunións axudan a
> que a comunidade avancen e Suso propón facelas máis amiudo, 2-3 veces
> anualmente. Próxima en Abril?. Irene fala de fixar obxectivos máis ca
> calendario para as reunións e fíxanse algúns.]]. Preséntannos a Antón
> Méixome (espero non me equivocar, dígoo de memoria), que é lingüísta e xa
> participara en Galego21, contratado en Mancomun.org (non?)

Por abril ou así cadraría a XGN, que este ano vai aumentar número de
participantes de 1500 a 4000, así que igual sería boa idea intentar
recrutar alí xente tamén, e facelo mellor ca este ano, onde tivemos
problemas cos dos robots por ter que estar no mesmo sitio á mesma
hora. A XGN organízase concretamente na primeira fin de semana da
semana santa que non sei cando cadra.

> Terceiro. Por parte das empresas. Esencialmente, entenden que a hora de
> traducir atópanse con practicamente os mesmos problemas metodolóxicos e din
> que eles necesitan centrarse máis na calidade ca na cantidade. Tagen Ata
> expresou que para eles como empresa é importante que se formen novos
> tradutores vidos dende o campo das filoloxías... Propoñense interesante
> cuestións neste senso: certficado de tradutor de SWL, ou algo similar, para
> a xente que participe (por definir, só suxestión), participación mediante
> cursos ou similar...

Eu sacara o tema de que nós podiamos optar a ese certificado tamén e a
xente riuse, pero seria interesante para poñer algo no meu
curriculo... Concordo no da calidade, pero como hai falta de xente
será mellor facer as traducións ben xa dende o principio e así non hai
que revisar. Para iso precisamos un documento coma o que nos deron,
pero máis completo e que conte co consenso de todos.

Respecto ó tema de recrutar, volver falar do asunto dos videotitoriais
que falara xa non sei con quen, para recrutar e iniciar a novos
colaboradores ainda que non dispoñamos de tempo para ensinarlles todo.
Ter filólogos sería útil para revisar.

> Cuarto. Por parte da xente das Universidades (Oficinas de SWL). Ofertan
> traballos de fin de carreira relacionados coa tecnoloxía do SWL, non recordo
> exactamente os proxectos propostos.

Un deles era montar un sistema para xestionar memorias de tradución
(un servidor) que dea resultados por web (open-tran), e lle sirva
resultados ó Pootle e a outros programas de escritorio que traballen
en liña. Ademais poderá fusionar, separar, verificar calidade, deixar
descargar TMs enteiras (para que traballen os programas de escritorio
offline)...

> Quinto. Problemas da comunidade? Falta de recursos e os específicos das
> ferramentas (falta de soporte para tmx nagunhas ferramentas...). Propostas
> varias: fai falta coordinarse así que, calendarios... por servidor
> groupware? (eu), ferramentas sociais? .Mellora na web de trasno (X. Calvo)
> Necesidade dun corrector xa! (todos). Aspell é dificil de adecuar para o
> galego (norma RAG) así que descartase puxar por conseguir isto. Fálase de
> pedir/axudar a que se implante o soporte Hunspell nas ferramentas que se
> empregan xa. Comentase (creo) que hai que focalizar o que se traduce para
> conseguir obxectivos completos (ie. distro+DE). Senón se dixo, dígoo eu
> agora. Coma sempre, falta xente. Mancomun iniciara un censo de tradutores,
> eu falo de ampliar o censo a toda canta xente deamos localizado que algunha
> vez traducira para incoporala a trasno. Máis visibilidade de trasno.
> Asociación.

Logotipo tamén. Fainos falta haxa asociación ou non. O da visibilidade
tamén, necesitamos dar charlas e facer obradoiros (créditos de libre)
en universidades e outras xuntanzas (XGN, partys), e facer algún
triptico para repartir. O do groupware (listas de tarefas, datas e iso
se entendin ben) é interesante. Se se puidera integrar cas ferramentas
xa seria moito :) O de soporte TMX fai falta, e se tiveramos un
servidor coma o que propuxera Fran para o PFC xa seria inmellorable. O
do hunspell vexoo necesario. E tamén falaban do golfiño (corrector
gramatical que non ortográfico) que tamén sería interesante. Ó do
censo de tradutores igual podo contribuir eu cunha lista de enderezos
que saquei da miña conta de correo e doutras fontes (ainda que non sei
ata que punto será correcto compartir esa info).

> Sexto. A conversa avanza identificando que hai un problema de ferramentas
> que nos permitan facer todo o que queremos de maneira grupal. Os trasnos
> opinamos que a tradución ten que ser feita en local, inda que certos
> programas poidan ser xestionados coma se fixo co entrans dende mancomun.org.
> As ferramentas en local permiten maior rapidez traducindo, facilitan a
> homoxenidade, pensadas para a xente que fai o traballo groso... e as
> ferramentas web, coma as interfaces de pootle para programas pouco técnicos,
> curtos, pensados para colaboracións espontáneas... (creo que todo o mundo
> pensaba isto, inda que non se falou exactamente así). Descartase entrans en
> favor de pootle.

Ainda que tiñan a teima de que o pootle podia rular coma servidor de
TMs, que é algo ainda por confirmar (polo menos para min).

> Séptima. A idea sería que as tradución todas ó galego se almacenen
> remotamente, independente do proxecto que traducen, formando un
> supra-catalgo de po's... para o galego. Destas traducións xerariase unha
> memoria de tradución común que poida ser accedida localmente (modelo
> cliente-servidor, falo), e aquí é onde se necesitan programas locais que
> poidan facer isto. Esa memoría de tradución global poedría ser xestionada
> por control de revións (proposta de Fran: non sei se me expreso
> correctamente), na que en 'trunk' se engadan as traducións nova e da que se
> obteña unha versión 'estable' (isto estouno engadindo eu agora) que pasara
> algún tipo de revisión, ou non, e que se poida exportar ós clientes locais.
> Por tagen ata din que só se precisaría identificar as cadeas por orixe, e
> asignar a cada orixe un valor de corrección (=veto/aprovación?) e Meixome
> propón que cada cadea individualmente sexa revisada e marcada por validez
> (eu inclínome por esta opción, inda que sería moi laboriosa e complexa!)
> antes de incluila nunha memoria 'final'.

Sétima. Eu esa idea véxoa ben, igual facéndoo contra un repositorio,
como facemos agora co Battle for Wesnoth. Así podemos volver a
versións anteriores se metemos moito a zoca. Eu penso que pode haber
memorias verificadas e non verificas no referente á súa corrección.

> Oitavo. Todo isto de arriba leva a unha de tres: 1. partir de cero e deseñar
> todo o sistema de ferramentas que nos permita traballar así 2. petar na
> porta dos proxectos existentes (gtranslator, lokalize, pootle, Suso fala
> dunha ferramenta de Sun...) para que os implementen 3. involucrarse no
> desenvolvemento dunha das aplicacións xa existentes para que se implemente o
> que se require. A 1 parece inviable por ampla, a 2 pénsase que pode ser
> pouco fructifera e a 3 parece a máis razoable. Hanse explorar as 3.
> Pídeselle a unha ferramenta da que partir ou que deseñar que cumpra: só
> recordo a esixéncia de ser multiplataforma e que soporte os estánres
> LISA..., con conversores, diccionario Hunspell.

Creo que ó final tiraremos pola opción 2 ou a 3. Prefiro a 3. E penso
que tamén se habería que meter no desenvolvemento de Pootle, xa que aí
fai falta moito traballiño, sobre todo na interface.

> e engado. De se conseguir completar o punto oito, creo que será a primeira
> vez que a tradución a unha lingua se pensa e realiza dun xeito integrado,
> xuntado a todo o que lle compete (voluntarios, empresas, administración), e
> cunha ferramenta que sirva a todos. Sería o que eu levo maquinando tempo
> dende a exposición de Carballo: que a tradución de SWL a unha lingua como
> conxunto é a entidade fundamental de xestión e non o proxecto individual de
> tradución. Isto nas presentacións para a akademy-es chámolle o METAPROXECTO.

Supoño que esta é a idea que temos dende hai tempo en Trasno, e ainda
que agora lle chamemos metaproxecto non deixa de ser un fato de
equipos de tradutores que colaboran e se comunican a miúdo.

Ata logo,
                          Leandro Regueiro

Responderlle a