> COMENTARIOS tras ler o documento ese:
>
> Páxina 14: que eu saiba, lokalise emprega sonnet, non necesariamente
> aspell.

Sonnet, ata onde eu sei, é o 'motor' que permite usar os diferentes tipos de 
formatos de diccionario. Corríxeme se me enghano. Efectivamente GNOME con 
Enchant(non?)e KDE con Sonnet podería soportar tódolos formatos de 
diccionario, pero inda non está implementado para tódalas aplicación (en KDE 
4.1 só sei de que funcione o dic do gl Hunspell co Kmail, non sei para a KDE 
4.2)

> Páxina 23: ollo Miguel, coa regra penúltima desta páxina.

si. pero xa dixen que non estaba dacordo con isto. Argumentei máis que de 
sobra porqué. Non é o mesmo o texto nun libro ca nunha interfaz: hai que 
pensar na misión que cumpren os dous. 

> Páxina 29: é recomendábel que sempre que se recomende non empregar a
> segunda forma do artigo se lembre explicitamente que esta é unha
> cuestión puramente ortográfica, dado que a realización fonética
> sempre, excepto pausa, é "copia-lo ficheiro".

Bendito sexa Deus!!!!!! menos mal que escoito isto. Grazas!!. Sendo falante 
nativo, criado en galego, falando sempre galego, repúname a xente que obvia 
como é realmente a fonética. 


> Criterios terminolóxicos:
>
> Páxina 33: di «O obxectivo deste método é tentarmos evitar a discusión
> perpétua das mesmas escollas terminolóxicas [...] e só recorrermos ao
> debate na comunidade cando non houber maís posibilidades, ou sexa,
> [...]»
>
> Sen comentarios. Tapo o nariz e sigo a ler.

absolutamente dacordo contigo. Non lera con atención isto!. Se en trasno temos 
un glosario completo e preciso (IMHO) é por debatelo.


> Páxina 33: di «Igualmente, se un texto xa foi traducido para o galego
> primaremos as escollas que coincidan co português»
>
> Como se estivéssem muito mais fundadas do que as nossas!

Absolutamente dacordo contigo!!!

> Páxina 35: "Explicación teórica do funcionamento do algoritmo"
>
> Dito doutro xeito: preténdese facer unha táboa _de incidencia_ , onde
> os rexistros teñan por primeiro campo o par (definición_gl,
> palabra_gl) e cada campo sexa un par (definición_en, palabra_en), onde
> se procurará que para cada fila só haxa un campo marcado, e que para
> cada coluna só haxa un rexistro marcado.
> A selección da marca realizase con base nun sistema de ponderación
> apoiado en uso real en varias linguas próximas (definición_pt_pt,
> palabra_pt_pt), idem para pt_br e es_es, onde o peso das
> aparicións/incidencias nesas linguas siga un esquema: pt_PT >> pt_BR >
> es_ES.

sigo dicindo que eu borraría o catelán do algoritmo. Vamos, sen pensalo!. 

> Criterios de estilo
>
> Páxina 41: "Neutralización de xénero"
>
> Vou ser máis radical ca vos: non, e non porque supoña moito traballo
> modificar o xa feito, senón porque non penso facer unha aberración só
> porque sexa o que está de moda e o politicamente correcto.

Absolutamente dacordo!

> Páxina 41: "Nomes de programas e aplicacións"
> Dicir "o OpenOffice", así co artigo "o", implica que este o que sexa
> ten xénero gramatical masculino, e apoiaría a utilización de
> "programa" no canto de "aplicación" para referirse a esas cousas que
> fan os desenvolventes e que nós traducimos.

Prefiro aplicación

> Páxina 41: "Split cells > Dividir celas"
>
> Sería preferíbel "Dividir as celas"/ "Dividi-las celas", por ter algo
> que sexa galego correcto.

certo, choca co dito prás aplicacións

> Páxina 42: liña final, "Imposíbel inserir filas"
> A proposta dá pé a expresións agramaticais, ao suprimir o verbo ppal. da
> frase. -É imposíbel inserir filas,
> -Non se poden inserir filas, ou se a cousa é temporal
> -Non foi posíbel inserir filas.

concordo

> Páxina 44: "Usos da pasiva"
> En outros textos recoméndase, case se prohíbe, empregar expresións
> pasivas onde apareza un complemente axente. (... polo asistente).

certo

> Entre as páxinas 45 e 49 (diferenzas fortes entre galego e inglés).
> Pois nada que dicir, só que algunhas deses exemplos non me saen así
> _de min_.
>
> Páxina 50: "Cando hai erros no orixinal"

... e avisar ó correspondente desenvolvedor para que o corrixa (ie. uso 
principal da lista i18n de KDE)

> DÉBESE INFORMAR AOS DESENVOLVENTES. O apaño de facer a tradución
> correcta é iso, un chanchullo que non quita de ter que eliminar o mal
> existente.

Responderlle a