El Saturday 03 January 2009 11:29:38 Miguel Bouzada escribió:
> Eu tamén son partidario de "gardar" xa que podemos atoparnos, por exemplo,
> nunha "torradora" coas dúas opcións.
>
> MB
>
> 2009/1/3 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>
> >  Eu sonvos de gardar. Aínda que no fondo tanto me ten unha que outra.
E é que de  feito non significan o mesmo. Gravar referirase sempre ao acto 
físico (e por tanto será cando se queira falar de dispositivos concretos, 
p.ex. "gravar de forma permanente no disco duro?", "gravar no 'pendrive'?"), 
namentres que gardar refírese a un evento polo cal o sistema operativo grava 
nalgún dispositivo uns datos determiñados para que o usuario ou aplicición 
poida dispor deles nun futuro.

Así, as aplicacións de propósito xeral referiranse sempre a "gardar". Non hai 
moitos ámbitos nun sistema operativo gráfico no que poida ser preciso usar 
"gravar", anque puidera ter senso en aplicacións de copiado de seguridade ou 
gravado de CD, como no exemplo de Miguel.

Saúde!!
-- 
-------------
karl

Reply via email to