El Saturday 03 January 2009 17:28:25 Miguel Branco escribió:
> > E é que de  feito non significan o mesmo. Gravar referirase sempre ao
> > acto físico (e por tanto será cando se queira falar de dispositivos
> > concretos, p.ex. "gravar de forma permanente no disco duro?", "gravar no
> > 'pendrive'?"), namentres que gardar refírese a un evento polo cal o
> > sistema operativo grava nalgún dispositivo uns datos determiñados para
> > que o usuario ou aplicición poida dispor deles nun futuro.

> > Así, as aplicacións de propósito xeral referiranse sempre a "gardar". Non
> > hai moitos ámbitos nun sistema operativo gráfico no que poida ser preciso
> > usar "gravar", anque puidera ter senso en aplicacións de copiado de
> > seguridade ou gravado de CD, como no exemplo de Miguel.
>
> Cando o OS garda, grava, non? logo, IMHO,  non vexo necesidade de lle facer
> tal apreciación ó usuario, é máis, en ningún dos exemplos que puxeches.
>
Bueno XD
Primeiro, ao usuario non lle interesan as eventualidades técnicas, senón que a 
información se "garde" nalgures.
Segundo, se queres ser literal, recoñecerás que o evento de gardar e o de 
gravado da información non son nin o mesmo nin necesariamente concurrentes. 
Por iso se montan e desmontan dispositivos!! XD Entre cando o usuario garda 
unha información e esta é gravada efectivamente no dispositivo indicada, pode 
transcorrer un tempo.
> Non vexo a necesidade de distinguir cando se grava nun medio externo (o
> exemplo do CD) pois conceptualmente é o mesmo gravar un CD ca nun HD ou
> memoria, p.ex... nun  indéntanse a superficie dun plástico policabonatado e
> lese ópticamente cun laser e no outro realizanse cambios na serie de
> rexións magnéticas nas que se divide cada plato... non sei se me explico.
> Independentemente de se traballamos no noso PC e gardamos algo estamos a
> almacenar eses datos nalgún medio, ora co fin de ser temporais ora co fin
> de os conservar. Pero temos medios externos e internos que serven para
> estes dous fins (p.ex CD, CD regravable ou 'pendrive'), tamén podemos
> gardar cousas online, nalgún servidor remoto... se facemos todos estes
> matices o tema resulta, IMHO, pouco práctico.
>
Ao contrario, os matices son os que fan que utilizar un computador sexa 
sinxelo ou difícil. Aquí pódese optar polo principio de "que precisa o 
usuario". Para o usuario, o concepto importante é "gardar". "gravar" só é 
relevante a efectos prácticos no sistema operativo, ou en campos semánticos 
específicos: gravar un CD coa información gardada en tal arquivo, por exemplo
> que conste que non me importa a que conclusión se chegue (q será a de
> 'gardar'), senón que busco resolver un problema de KDE.
>
> Só unha anotación máis, no pt_PT NON fan distición entre save' e 'record',
> para ambas empregan 'gravar', no pt_BR si, e empregan 'gravar' e 'salvar',
> respectivamente. Segundo o algoritmo de Macomun (vd. ultima reunión do
> G11N) a escolla seríe en favor de seguir o que se fai en Portugal.
Non coñezo as exposicións e resultados desa reunión. Creo que o portugués ten 
tantos erros coma o galego ou o castelán. Creo que en caso de dúbida é bo ter 
un criterio guía,  incluso un externo, coma neste caso... Pero aquí creo que 
seguir o inglés é máis productivo e por tanto adecuado. Só onde o inglés use 
gravar debe usarse gravar.

Un usuario non grava un informe nun folio, e o incrusta nun arquivo. En todo 
caso escríbeo ou imprímeo e logo arquivao ou gárdao. A traducción dunha 
interface debe manter a forza metafórica, que ao fin é a base dos modernos 
sistemas baseados en escritorios.

Saúde.
-- 
-------------
karl

Responderlle a