> E é que de  feito non significan o mesmo. Gravar referirase sempre ao acto
> físico (e por tanto será cando se queira falar de dispositivos concretos,
> p.ex. "gravar de forma permanente no disco duro?", "gravar no
> 'pendrive'?"), namentres que gardar refírese a un evento polo cal o sistema
> operativo grava nalgún dispositivo uns datos determiñados para que o
> usuario ou aplicición poida dispor deles nun futuro.
>
> Así, as aplicacións de propósito xeral referiranse sempre a "gardar". Non
> hai moitos ámbitos nun sistema operativo gráfico no que poida ser preciso
> usar "gravar", anque puidera ter senso en aplicacións de copiado de
> seguridade ou gravado de CD, como no exemplo de Miguel.

Cando o OS garda, grava, non? logo, IMHO,  non vexo necesidade de lle facer 
tal apreciación ó usuario, é máis, en ningún dos exemplos que puxeches. 

Non vexo a necesidade de distinguir cando se grava nun medio externo (o 
exemplo do CD) pois conceptualmente é o mesmo gravar un CD ca nun HD ou 
memoria, p.ex... nun  indéntanse a superficie dun plástico policabonatado e 
lese ópticamente cun laser e no outro realizanse cambios na serie de rexións 
magnéticas nas que se divide cada plato... non sei se me explico. 
Independentemente de se traballamos no noso PC e gardamos algo estamos a 
almacenar eses datos nalgún medio, ora co fin de ser temporais ora co fin de 
os conservar. Pero temos medios externos e internos que serven para estes dous 
fins (p.ex CD, CD regravable ou 'pendrive'), tamén podemos gardar cousas 
online, nalgún servidor remoto... se facemos todos estes matices o tema 
resulta, IMHO, pouco práctico. 

que conste que non me importa a que conclusión se chegue (q será a de 
'gardar'), senón que busco resolver un problema de KDE.

Só unha anotación máis, no pt_PT NON fan distición entre save' e 'record', 
para ambas empregan 'gravar', no pt_BR si, e empregan 'gravar' e 'salvar', 
respectivamente. Segundo o algoritmo de Macomun (vd. ultima reunión do G11N) a 
escolla seríe en favor de seguir o que se fai en Portugal. 

Responderlle a