Leandro Regueiro escribiu:
Ola,
vou reabrir o tema para ver se arranxamos xa isto para sempre.
Propuxéronse "blogue", "blog", "bitácora", "bitácula".

"bitácula" quedara descartado porque só o apoiou Suso, e moitos
dixeron que non sería aceptado. No glosario de Trasno aparecen
"blogue" e "bitácora", sen preferencias, no glosario de Mancomun só
aparece "blogue", e na terminoloxía de Microsoft tamén aparece só
"blogue". Como dixeron por aí parece que "blogue" é o máis estendido
pola rede galega (eu do tema non teño moita idea). Para enlear máis a
cousa as traducións de SL van por outro camiño (lembro que os
resultados son sobre parte das traducións de SL):

bitácora --> 17
KDE:  17

blog --> 9
GNOME:  9

blogue --> 8
GNOME:  1
KDE:  6
SUSE:  1

Aínda que a min a que máis me gusta é "bitácora" (opinión totalmente
subxectiva), apoio "blogue" porque parece ser a que máis se estendeu.
Para isto contaría máis ca opinión dos blogueiros que son os usan isto
tódolos días.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro


Comentar que eu uso blogue e váleme calquera que se adapte ao galego (blog non o fai), como bitácora a cal penso que poida que sexa a máis aconsellada.

Responderlle a