O Luns 27 Abril 2009 15:57:19 Alejo Pacín Jul escribiu:
> Eu, polo xeral, emprego bitácora, aínda que tamén blogue; pero esta última
> ten o problema de que non está aceptada pola RAG. O problema de "blog" e
> "blogue" é o mesmo que temos con "folc" e "folque"; acéptase a primeira
> pero non a segunda. Aínda que, persoalmente, creo que a forma máis galega é
> a segunda. Aclarado isto, volvo insistir no emprego de bitácora, por ser
> máis "enxebre" e reflictir perfectamente o significado de "blog".
>
bitácora é enxebre, por incorrecto. Bitácora é un termo mariñeiro, e nun país 
mariñeiro o seu uso incorrecto non ten perdón de deus.

Que o fagan os casteláns que só ven os barcos en fotos, vale, pero nós.... 
deberamos avergoñarnos.

folc é unha chapuza, esté ou non aceptado. Folk é como debera de ser 
correctamente (e de feito está aceptada). En canto a folque, ten menos senso 
aínda. Como era "hipergaleguismo"? o hipergalegismo non só afecta a termos 
casteláns, é buscar solucións "galeguizadas" forzadas sen ser precisas.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Reply via email to