Eu, polo xeral, emprego bitácora, aínda que tamén blogue; pero esta última
ten o problema de que non está aceptada pola RAG. O problema de "blog" e
"blogue" é o mesmo que temos con "folc" e "folque"; acéptase a primeira pero
non a segunda. Aínda que, persoalmente, creo que a forma máis galega é a
segunda. Aclarado isto, volvo insistir no emprego de bitácora, por ser máis
"enxebre" e reflictir perfectamente o significado de "blog".

2009/4/27 Karl García Gestido <karlgg...@opengea.org>

> O Luns 27 Abril 2009 15:08:28 damufo escribiu:
> > Karl García Gestido escribiu:
> > > O Luns 27 Abril 2009 13:49:59 Karl García Gestido escribiu:
> > >> O Luns 27 Abril 2009 13:21:44 Leandro Regueiro escribiu:
> > >> (...)
> > >
> > Boas:
> > Isto xa se falou, refirome ao termo blogue. E reitero o dito, un termo
> > rematado en -g non é forma galega, por iso o de adaptalo blogue.
> > Ademais que simplifica, como ti mesmo acabas de dicir ao rematar en -g
> > non sabes moi ben como facer o plural, sen embargo se a opción é blogue
> > todo o mundo sabe que é blogues.
> > (...)
> A dúbida está en se formar o plural coas regras do galego ou da lingua
> orixinal nas palabras emprestadas.
>
> Blogues non é a única solución para adaptar blog. Exemplos posibles serían
> "bloxo", "blogo", etc.
>
> Doutra banda, "whisky"(1) non é galego por moitos motivos: y- non é unha
> sílaba galega para rematar unha palabra, por motivos semellantes ao de que
> unha palagra acabe en -g, "hardware" non se pronunza en galego coa h muda,
> como debera ser en galego, etc. O motivo para elixir ou non unha palabra
> debe
> ser buscar o que se estime máis adecuado, non a norma estricta, que sería
> inaplicable (todo idioma que non rompe as súas propias normas está condeado
> a
> desaparecer).
>
> Non deixa de ser curioso que ninguén propoña "diario" XD
>
> Saúde!
>
> (1) RAG: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp
> --
> O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
> --
> karl
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Reply via email to