Karl García Gestido escribiu:
O Luns 27 Abril 2009 13:49:59 Karl García Gestido escribiu:
O Luns 27 Abril 2009 13:21:44 Leandro Regueiro escribiu:
(...)
Acabo de atopar isto, que apoia a miña proposta de deixar "blog" para o sustantivo singular (en plural, ¿blogs ou blogues?):

http://gl.wikipedia.org/wiki/Blogomillo

Con blogue deberamos falar de blogomillo, bloguesfera ou blogueosfera, etc.

Saúde!!
Boas:
Isto xa se falou, refirome ao termo blogue. E reitero o dito, un termo rematado en -g non é forma galega, por iso o de adaptalo blogue. Ademais que simplifica, como ti mesmo acabas de dicir ao rematar en -g non sabes moi ben como facer o plural, sen embargo se a opción é blogue todo o mundo sabe que é blogues.
Por outra banda, se bitacora é mais axeitado pois benvido sexa.
Finalmete se se opta por blog ou blogue en detrimento de bitacora, hai que ter en conta o portugues e galego onde o uso de blogue tamén está bastante extendido non hai máis que pór no famoso procurador este termo e polo menos a min sáenme 16 millons de resultados. polo que de optar por unha destas dúas para min sería blogue.

Responderlle a