Ola a todos:
Estiven a ver pasadas discusións na lista sobre a parella enable/disable. A 
tradución preferida podería ser activar/desactivar. Tamén se pode usar 
habilitar. No glosario de trasno aparece deshabilitar coma segunda opción para 
disable. Buscando nos dicionarios que consultei (Ir Indo e Gran Xerais 2000) o 
antónimo de habilitar é inhabilitar, polo tanto, coido que se debería modificar 
no glosario de trasno esa entrada.
Que opinades?

Un saúdo:
Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es




Responderlle a