2009/8/17 Antón Méixome <cert...@certima.net>: > *deshabilitar non me consta como palabra válida, como tampouco o seria > *despermitir. Inhabilitar sería a única opción correcta pero > sinceramente é unha forma hiperculta (e moi técnica en segundo que > ámbitos como "perder a habilitación, a competencia para exercer"). > Resólvese moito mellor para a tradución de enable/disable con > activar/desactivar. Aliás *deshabilitar sería a tradución do inglés > "incapacitate, render unfit; disqualify" que non é aplicábel ao valor > de enable... > > A raíz do problema está na base. Pode ser que haxa algunha razón para > distinguir entre activar/habilitar (to activate/to enable) que a min > se me escape, e que iso xustifique este neoloxismo. Por exemplo, en > español (onde tampouco é correcta) > > enable habilitar To activate or turn on. > > ENABLE.TOOL HABILITAR.HERRAMIENTA Excel > Enable Macros Activar macros Office Shared Services > > > A familia léxica de hábil (adx. culto): > > hábil, habilidoso, habilidade, habilidosamente, habilmente, > inhábil, inhabilidade, inhabilitación, inhabilitar, inhabilmente > habilitar, habilitación, habilitado, > rehabilitar, rehabilitábel, rehabilitación, > > En francés non parece necesario este matiz e, feito só en Gnome se > matiza con "permettre" : > enable > activer, ainda que sempre se emprega désactiver para "disable". > > En portugués non hai dúbida, só activar/desactivar > > Por tanto, tes toda a razón. Deshabilitar non é necesario e na miña > opinión non debería estar no glosario de Trasno e de paso, debe > corrixirse no caso de openoffice tamén... deus cho page.
A maioría das traducións usan activar/desactivar. Se deshabilitar non existe ou é incorrecto haberá que marcalo como tal no glosario, e se isto é así tamén quitaria habilitar, xa que así aumentamos a coherencia nas traducións, e por outro parte habilitar usase en contraposición a deshabilitar. Ata logo, Leandro Regueiro