>>>>> =>E de plugin non falo,  pero alégrome de que os vosos backends sexan
>>>>> como os meus: infraestruturas ;-)
>>>
>>> Aínda que no glosario de Trasno se propoña "motor"
>>
>> Vaia, laméntocho ben, terei que anovalo!. Alegrar alégrome por outra
>> causa: como xa saberedes vou moi por libre no que a terminoloxía se
>> refire, e normalmente emprego os termos e expresións habituais que me
>> peta:
>> (Onde nese ficheiro pon "Non é posíbel" ou "Non se puido", eu poño
>> "Non foi posíbel". Onde escollistes "camiño", eu sigo terqueando coa
>> "rota", onde escollistes "Plugin", eu sigo con "Extensión".)
>> Entón atopar con que coincidimos nalgo non deixa de ser unha sorpresa
>
> Pois outros non somos tan tercos :-D
> Verás que nas escollas fixémosche moito caso.
>
> http://l10n.gnome.org/vertimus/anjuta/master/po/gl

E as túas ideas seguro que serán de moita axuda cando se discuta no
sistema de xestión de terminoloxía.

Reply via email to