O meu ánimo sobre a túa disposición a facer ese traballo é total. Só
quero entender a situación.

Polo que vexo en Launchpad só 7 idiomas teñen traducido máis do 75% do
modelo ddtp. De feito co que xa levas traducido, o galego está entre
os 15 primeiros.

Por outro lado creo que no seu momento estivo Tarrío a traducir neste
tema e logo parouse repentinamente. Como facía, onde? en que estado
están agora. Ceo lembrar que había unha lista de correo en Debian para
o galego.

Ti dis que non están en http://wiki.debian.org/DDTP, onde habería que pedilos

Pregunto porque de Debian non sei como vai a cousa: non se poden
atopar aquí ? http://packages.debian.org/unstable/

Calculaches o risco, así en % de canto se podería perder da tradución
por facelo en Launchpad directamente? É evidente que de completar eses
modelos en Launchpad o galego tería asegurada a súa permanencia nas
linguas asistidas por Ubuntu. Iso é moi importante cando está para
saír unha LTS pero tamén é moito choio de noso señor para non intentar
que se aproveite ao máximo o esforzo (por exemplo noutras distros). Xa
me gustaría a min dicir que pares porque iso vai ser un traballo
remunerado.

Estou seguro que xa pensaches en todo iso e que por iso te puxeches a
traducir o que hai en Launchpad. Só che pido que compartas os
razoamentos porque supoñen un procedemento contrario ao que o propio
Launchpad recomenda.

Saúdos,

Antón


2009/11/3 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
>
> 2009/11/3 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
>>
>> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
>> Hash: SHA1
>>
>> >> Parada a máquina, ainda que non sei ben porqué, se é porque o traballo
>> >> vale 50.000 ¬ ou se é polos moitísimos ánimos que me dades para seguír.
>> >> Un ano de estos igual retomo o ficheiro
>>
>> Se nos dicimos que pares senón que o fagas dende Debian. Así Ubuntu
>> sincroniza dende Debian e xa non hai que reportar nada.
>
> Fareino cando Debian habilite os paquetes en i18n
> http://wiki.debian.org/DDTP
>
>>
>> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
>> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
>> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>>
>> iEYEARECAAYFAkrwd48ACgkQmLtmJqKk+bjVhACeKerhB8oZs1FxMr6fkeozZaOs
>> 8MUAmQGlMrmoPHSm0PxpJR0MHx269wVM
>> =3lnB
>> -----END PGP SIGNATURE-----
>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
>

Responderlle a