2009/11/3 Antón Méixome <cert...@certima.net>: > Creo que é mellor mirar de facelo directamente en Debian.
Onde hai 1/4 (0,25) de tradutor a facelo: estaba Jacobo, pero desque o deixou só fixo algo un badulaque que pasaba por aí, que por riba só o fai cando outras cousas lle levan tempo. E para máis inri, non sei que carallo están a facer por Estremadura que a metade das veces hai problemas coas páxinas de Debian aloxadas aló :'-( O mecanismo para Debian é moi sinxelo: abonda con ler o manual, aínda que incómodo de carallo para quen está acostumado a outros sistemas de externalización do servizo de tradución que precisan de aprender menos cousas para aprender a andar. > Non é ningunha broma. Ese traballo (só as DDTP) vale máis de 40. 000 > euros, que é unha linguaxe que entendemos todos. E como o calculache?