2009/11/3 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> O meu ánimo sobre a túa disposición a facer ese traballo é total. Só
> quero entender a situación.
>
> Polo que vexo en Launchpad só 7 idiomas teñen traducido máis do 75% do
> modelo ddtp. De feito co que xa levas traducido, o galego está entre
> os 15 primeiros.
>
> Por outro lado creo que no seu momento estivo Tarrío a traducir neste
> tema e logo parouse repentinamente. Como facía, onde? en que estado
> están agora. Ceo lembrar que había unha lista de correo en Debian para
> o galego.
>
> Ti dis que non están en http://wiki.debian.org/DDTP, onde habería que pedilos
>
> Pregunto porque de Debian non sei como vai a cousa: non se poden
> atopar aquí ? http://packages.debian.org/unstable/
>
> Calculaches o risco, así en % de canto se podería perder da tradución
> por facelo en Launchpad directamente? É evidente que de completar eses
> modelos en Launchpad o galego tería asegurada a súa permanencia nas
> linguas asistidas por Ubuntu. Iso é moi importante cando está para
> saír unha LTS pero tamén é moito choio de noso señor para non intentar
> que se aproveite ao máximo o esforzo (por exemplo noutras distros). Xa
> me gustaría a min dicir que pares porque iso vai ser un traballo
> remunerado.
>
> Estou seguro que xa pensaches en todo iso e que por iso te puxeches a
> traducir o que hai en Launchpad. Só che pido que compartas os
> razoamentos porque supoñen un procedemento contrario ao que o propio
> Launchpad recomenda.

Falo con bastante descoñecemento. Do que hai aquí:
http://www.debian.org/international/l10n/ Jacobo só estaba traducindo
o instalador e os patróns de Debconf (as mensaxes de configuración dos
paquetes xusto despois de instalalos). Ademais diso están as
descricións dos paquetes (como dixo Bouzada o servidor non tira), a
tradución do sitio web, e ademais está a lista de tódolas traducións
que leva Debian (moi útil para localizar tradutores :))

Responderlle a