José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
2009/11/6 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
2009/11/6 damufo <dam...@gmail.com>
Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
2009/11/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
2009/11/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
2009/11/5 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>:
"texto simple"
+1
Para que conste no rexistro. Sacado do glosario de Mancomún:

"plaintext"#"texto plano"#"texto sen formato"#
"plain text"#"texto plano"#"texto sen formato"#
+1 texto simple
Vale, entón tocaralle a Antón actualizar o glosario de Mancomún.


Nota: o openoffice emprega "Texto sen formato", pode verse na indo ao
menú: Editar|Pegado especial

"Texto simple" pode ser unha boa opción aínda que penso que máis claro é
sen formato, ou non? porque que se entende por formato? un "texto en html" é
texto sen formato? refirome a <p>isto é un parágrafo</p> ou mesmo as
tabulacións que si deixa ao pegar (ou colar, non sei en que quedou a
cousa)... polo que formato eu entendo que si ten.
Eu entendo "plain text" como un arquivo que non contén marcas de formato
pero a nivel binario.

Un documento html non deixa de ser texto plano, pois as marcas de formato
que inclue son perfectamente visibles nun editor simple [non deixan de ser
texto] e non dependen dunha aplicación específica para a súa
creación/modificación.

Non o teño nada claro. Eu diría que html (e xml) non son "plain text".
Por poñer un exemplo, os "mimetypes" do servidor Apache creo recordar
que diferenciaban "text/plain" de "text/html" e, así de memoria
"application/xml" (xa digo, falo de memoria, e non me apetece abrir
unha consola para ir mirar, jejeje)...

Igual temos que andar con moito coidado, porque as diferenciacións
poden ser máis sutís que "pódese abrir nun editor de texto ou non"...

E, si considerásemos que un html é "texto plano", pouco faltaría para
dicir que un .odt tamén o é... pois é pouco máis ca un xml (creo
recordar, de novo, jejeje)

en todo caso un arquivo de ficheiros de texto simple

En definitiva poida que texto simple sexa máis acertado, polo menos neste
caso do openoffice.





--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.




Responderlle a