2010/5/29 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>
> Pode ser de interese recuperar o que hai aquí
>
> http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para
> _OpenOffice.org

Revisión / posta a proba do hunspell-gl:

  Conversa do corrector no wiki de Mancomún:

    NOMES

    dia → día (BEN)
    auxiliár → auxiliar (BEN)
    exercinte
      No wiki de Mancomún informouse de que o termo é 
incorrecto, e que
debería recomendarse “exercente”. Porén, «exercinte presión no peito 
para
salvarche a vida» demostra que non é así. Así e todo, “exercente” non 
aparecía
como válida. Abondou con engadila ao gl.dic (FEITO).

Penso que non é correcto «exercinte presión». Sería válido, aínda que 
con moitos peros, exercín(che) como demostra o feito de que a substitución 
polo pronome P3 de CD dá «exercinA»: ese pronome substitúe a "presión" e 
non a "a el/a" Confróntese o caso de "partinte/partino".

En consecuencia debería marcarse sempre como incorrecto *exercinte e dar a 
alternativa  correcta, se se pode. Os verbos da CIII fan sempre os 
participios de presente/adxectivos como -ente ou -iente. Son absolutamente 
excepcionais os terminados en -inte: seguinte. O correcto é sempre exercente 
(tanto no uso adxectivo como substantivo). 
Este en concreto, é un erro que deu moito que falar no ámbito da lingua culta 
e profesional: avogado *exercinte... cantos disgustos me deu fiarme do 
corrector.

 
      + exercente/10
    astrinxente → adstrinxente
      Modificado no gl.dic. As formas verbais xa estaban ben, 
só fallaban os
substantivos.
      * adstrinxencia/10
      * adstrinxente/10
      * adstritivo/10,14
    vinteún, vintedous, vintetres, etc. → vinte e un, vinte e 
dous, vinte e
tres, etc. (BEN)
      Xa se marcan como incorrectas. Nestes momentos non é 
posible suxerirlle
ao usuario unha corrección con varias palabras (salvo para un caso moi
concreto). Xa fixen unha petición formal aos do Hunspell para que permitan
este tipo de correccións, a ver se hai sorte.

Sería de interese que documentaras as xestións (onde, a quen, para que, 
como...)


     VERBOS

    hainas (BEN)
    continuei (BEN)
    elexir
      Segundo o wiki, dentro da conxugación do verbo elixir 
existe esta forma.
Segundo o DiGalego, non hai tal forma na súa conxugación. Salvo que alguén
demostre o contrario, o corrector fai ben en marcala como incorrecta.


elexir?

 
    haino, óao, faino.
      A única que non traga é óao. A ver se Miguel pode 
revisalo cando teña
tempo.

    interviron, interviu, intervistes, maldixen, bendixen
      As tres primeiras non as dá como correctas, e os meus 
coñecementos de
lingua son limitados de máis para xulgar se é o comportamento axeitado ou non.
As dúas últimas as dá por boas.


Todas esas son formas "alternativas" e correctas

     Ã©che, liches (flash do Wesnoth), leron, lera, leras, 
lerades, leran,
lésemos, rísemos, lésedes, rísedes, lesen, leres, lermos, lerdes, leren,
sirve, fuxe, iamos, iades, ide (BEN, TODAS)

    INTERXECCIÓNS

    abur, ah, ai, arre, benia, canté, carafío, caramba, cataplún, 
coriño,
dodemo, ea, eh, ei, eiramá, epa, gache, ho, hum, hurra, madeus, mícaro,
múcaro, oh, oi, olé, paf, pam, pataplaf, pataplún, plof, pum, pumba, recoiro,
to, uf, vaites, xo, guau
      Ningunha estaba presente. Engadidas todas ao gl.dic menos 
a última, que
non aparece no VolGa. Sendo interxeccións, non lles engadín formas
alternativas, habería que engadir plural? (carafíos?)


Fixeches ben, non se usan plurais

     PARTICIPIOS FORTES E TRUCADOS

    ido, absolto, acolleito, aflito, colleito, comesto, contradicido,
controverso, desenvolto, desprovido, desprovisto, econlleito, envolto,
desprover, desprovido, desprovisto, ergueito, inserto, limpado, refritir,
volto, refritido, desdito, anisosilábico, antidóping, autoservizo, cableado
      Algunhas estaban, outras non. Cambios no gl.dic (previa 
comprobación da
súa existencia no VolGa):
      + absolto/10,14
      + acolleito/10,14
      + aflito/10,14
      + anisosilábico/10,14
      * autoservizo/10 (antes “autoservicio/10”, o VolGa 
confirma que estaba
mal)
      + colleito/10,14
      + desenvolto/10,14
      + envolto/10,14
      + ergueito/10,14
      + inserto/10,14
      + volto/10,14
      Non atopei no VolGa: contradicido, controverso, 
desprovido, econlleito,
refritir, refritido, cableado. Mentres non se achegue outra fonte que as
verifique, quedan fóra. Asemade, o VolGa especifica que “antidóping” é un
termo incorrecto e que no seu lugar debe utilizarse «antidopaxe» (que o
corrector xa acepta).


Tomo nota e a ver se che podo solucionar as dúbidas

 
Continuará...

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto en trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100529/78cebab1/attachment.htm>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: signature.asc
Type: application/pgp-signature
Size: 563 bytes
Desc: OpenPGP digital signature
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100529/78cebab1/attachment.pgp>

Responderlle a