> Adrián, se chega a tempo, bótolle unha ollada esta noite mesmo. Só
> precisaría saber unha cousa, se ademais dos comentarios modificaches algunha
> outra cousa no código (na flexión verbal ou nos paradigmas de enclíticos ou
> nos lemas de formas verbais no dicionario, non nas regras de suxestións que
> non interesan tanto para o caso...).

Non cambiei nada a partires da liña 565 do teu orixinal ─asegureime 
descargando o teu zip de novo, pasándoo a UTF-8 e facendo un diff─, é 
dicir, a 
parte importante (sufixos e prefixos para as formas verbais) segue intacta.

Sobre o das respostas de Mancomún... dixéronme de informar de erros e alí 
seguen dende entón. De aquí en diante, creo que debemos traballar sobre o 
teu. 
Vou ver se envío os ficheiros tal e como os teño agora comprimidos dende o 
miniportátil (onde estiven traballando), que o correo non chegou á lista 
porque mos interpretou como parte da mensaxe (superando obviamente a lonxitude 
máxima).
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: non dispoñíbel
Type: application/pgp-signature
Size: 230 bytes
Desc: This is a digitally signed message part.
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100528/3cc6765f/attachment.pgp>

Responderlle a