óao é unha forma agramatical en galego, óiao é a primeira e a terceira
persoa de singular do subxuntivo do verbo oír cun pronome persoal átono de
terceira persoa masculino singular enclítico.
Os verbos que rematan en -aer -aír -oer e -oír engaden un -i- (antihiático)
na primeira persoa do presente de indicativo na flexión (traio, saio, moio,
desoio). Sobre a primeira persoa do presente sen desinencia de persoa (-o),
tema de presente, fórmase o presente de subxuntivo:
ouzo - ouza
caibo - caiba
conduzo - conduza
delinco - delinca
saio - saia
canto - cante
aterezo - atereza
contribúo - contribúa

En galego hai moi poucos (pero moi frecuentes) presentes de subxuntivo con
tema de presente irregular (estar, poder, haber, ir, facer, ser e non sei se
haberá moitos máis)

A revisión do corrector non parece necesaria.

E vou abrir outro fío sobre o hunspell, porque este xa vai bastante estirado



2010/5/29 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>

> > Pode ser de interese recuperar o que hai aquí
> >
> >
> http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para
> > _OpenOffice.org
>
> Revisión / posta a proba do hunspell-gl:
>
>  Conversa do corrector no wiki de Mancomún:
>
>    NOMES
>
>    dia → día (BEN)
>    auxiliár → auxiliar (BEN)
>    exercinte
>      No wiki de Mancomún informouse de que o termo é incorrecto, e que
> debería recomendarse “exercente”. Porén, «exercinte presión no peito 
> para
> salvarche a vida» demostra que non é así. Así e todo, “exercente” non
> aparecía
> como válida. Abondou con engadila ao gl.dic (FEITO).
>      + exercente/10
>    astrinxente → adstrinxente
>      Modificado no gl.dic. As formas verbais xa estaban ben, só fallaban os
> substantivos.
>      * adstrinxencia/10
>      * adstrinxente/10
>      * adstritivo/10,14
>    vinteún, vintedous, vintetres, etc. → vinte e un, vinte e dous, vinte e
> tres, etc. (BEN)
>      Xa se marcan como incorrectas. Nestes momentos non é posible
> suxerirlle
> ao usuario unha corrección con varias palabras (salvo para un caso moi
> concreto). Xa fixen unha petición formal aos do Hunspell para que permitan
> este tipo de correccións, a ver se hai sorte.
>
>    VERBOS
>
>    hainas (BEN)
>    continuei (BEN)
>    elexir
>      Segundo o wiki, dentro da conxugación do verbo elixir existe esta
> forma.
> Segundo o DiGalego, non hai tal forma na súa conxugación. Salvo que alguén
> demostre o contrario, o corrector fai ben en marcala como incorrecta.
>
>    haino, óao, faino.
>      A única que non traga é óao. A ver se Miguel pode revisalo cando teña
> tempo.
>
>    interviron, interviu, intervistes, maldixen, bendixen
>      As tres primeiras non as dá como correctas, e os meus coñecementos de
> lingua son limitados de máis para xulgar se é o comportamento axeitado ou
> non.
> As dúas últimas as dá por boas.
>
>    éche, liches (flash do Wesnoth), leron, lera, leras, lerades, leran,
> lésemos, rísemos, lésedes, rísedes, lesen, leres, lermos, lerdes, leren,
> sirve, fuxe, iamos, iades, ide (BEN, TODAS)
>
>    INTERXECCIÓNS
>
>    abur, ah, ai, arre, benia, canté, carafío, caramba, cataplún, coriño,
> dodemo, ea, eh, ei, eiramá, epa, gache, ho, hum, hurra, madeus, mícaro,
> múcaro, oh, oi, olé, paf, pam, pataplaf, pataplún, plof, pum, pumba,
> recoiro,
> to, uf, vaites, xo, guau
>      Ningunha estaba presente. Engadidas todas ao gl.dic menos a última,
> que
> non aparece no VolGa. Sendo interxeccións, non lles engadín formas
> alternativas, habería que engadir plural? (carafíos?)
>
>    PARTICIPIOS FORTES E TRUCADOS
>
>    ido, absolto, acolleito, aflito, colleito, comesto, contradicido,
> controverso, desenvolto, desprovido, desprovisto, econlleito, envolto,
> desprover, desprovido, desprovisto, ergueito, inserto, limpado, refritir,
> volto, refritido, desdito, anisosilábico, antidóping, autoservizo, cableado
>      Algunhas estaban, outras non. Cambios no gl.dic (previa comprobación
> da
> súa existencia no VolGa):
>      + absolto/10,14
>      + acolleito/10,14
>      + aflito/10,14
>      + anisosilábico/10,14
>      * autoservizo/10 (antes “autoservicio/10”, o VolGa confirma que 
> estaba
> mal)
>      + colleito/10,14
>      + desenvolto/10,14
>      + envolto/10,14
>      + ergueito/10,14
>      + inserto/10,14
>      + volto/10,14
>      Non atopei no VolGa: contradicido, controverso, desprovido,
> econlleito,
> refritir, refritido, cableado. Mentres non se achegue outra fonte que as
> verifique, quedan fóra. Asemade, o VolGa especifica que “antidóping” é 
> un
> termo incorrecto e que no seu lugar debe utilizarse «antidopaxe» (que o
> corrector xa acepta).
>
> Continuará...
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100530/7ba49316/attachment-0001.htm>

Responderlle a