Ola: Case teño rematada a tradución do gLabels pero atopei algúns problemass que preciso consultar con vos.
1/ Hai unhas etiquetas nunha xanela que están feitas de tres pezas, asÃ: 1 2 3 5. Horiz. waste (overprint allowed) 5. Desperdicio horizontal (permÃtese a sobreimpresión) 6. Vert. waste (overprint allowed) 6. Desperdicio vertical (permÃtese a sobreimpresión) Modificando o texto das etiquetas 2 e 3 arránxase o problema pero resulta que a etiqueta seguinte é igual, cambiando vertical por horizontal. O problema aparece ó querer cambiar as dúas etiquetas porque o OmegaT recoñece que as dúas partes 3 son iguais en inglés e ao poñelas en galego cambia unha delas automaticamente, polo que quedan dúas etiquetas iguais. Non vexo xeito de evitar este cambio en OmegaT, asà que supoño que terei que facer o cambio a man no .po con calquera procesador de textos. à correcto? 2/ Alguén sabe ou ten idea de como se chama en galego ás carpetas con aneis de ferro para meter nelas follas furadas? Eu sempre falei de "carpeta de anillas" ou de "archivadores" (estas que van moitas veces dentro dunha caixa e poden conter unha cantidade de follas grande), pero isto é castelán, evidentemente. O nome portugués é "pastas de arquivo" e me parece que non se entenderÃa ben. Algunha suxestión? 3/ Vexo que no Gnome tradúcense os nomes dos formatos de papel americanos asÃ: US Letter -> Carta de US ¿A abreviatura de Estados Unidos déixase asà sempre? Grazas pola axuda Carlos Real