O Lun, 12-07-2010 ás 21:34 +0200, Miguel Branco escribiu:
> 
> Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug
> do 
> programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun
> editor de 
> texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o
> seguinte: 

Pois non é un erro, é unha feature... o OmegaT traballa ESTRITAMENTE
como o estándar TMX é dicir pares de cadeas orixe-traducida. Isto é, se
dúas cadeas son a mesma entón teñen a mesma tradución.

Para solucionar isto deberían estar en dominios ou espazos de nomes
distintos.

A forma de solucionar isto é traducir directamente o pofile, xa que este
non atende a (cadeas orixe iguais = cadeas traducidas iguais).

Se vos animades o próximo xoves ou venres estará un dos autores do
Gtranslator na GUADEC e se podo asistir tenho varias cousas que
comentarlle para que o implementen:

 -  Compatibilidade para glosarios TBX
 -  Compatibilidade para memorias de tradución TMX
 - Remisión de traducións a repositorios de forma automatizada.
    * Git
    * Svn

e algunha cousa máis que me deixo no tinteiro.

Saúdos.

Responderlle a