Por alusións, obviamente.

1. 
"publica un glosario feito con recursos públicos baixo cláusulas
restritivas"

Ben, de acordo. 

Sinto que non deramos acadado o nivel esixible para algúns. En todo caso, na
clasificación oficiosa de restritividade dos vocabularios galegos, non debe
ser dos peores, non? Se temos en conta que se publica cunha CC
Recoñecemento-NonComercial, e que deixamos para descarga a versión en
.tbx... 

Se cadra, merecía un xuízo un pouco máis obxectivo.

2. 
"hai moitas cousas "chupadas" das nosas listas y nin se di que existimos"

Supoño que ese "cousas" fai referencia a propostas de nomes en galego.
Supoñamos que é así.

Entre as moitas fontes que consultamos para elaborar o traballo posiblemente
houbera glosarios de Trasno, ben consultados directamente a través de
http://termos.trasno.net/ ou do Corpus de Mancomún
(http://corpus.mancomun.org/xestermos.php) [Curiosamente, ningunha das dúas
ferramentas están accesibles no momento en que escribo isto.]

Pero non recordo ningún caso en que recollésemos ningunha proposta neolóxica
feita por Trasno e só presente en recursos localizados por vós. Ollo! Digo,
que "non recordo", pero non afirmo que sexa así. Se me presentades exemplos
que demostren que a miña memoria está equivocada, non terei ningún problema
en pedirvos desculpas por non citarvos.

De todos modos, ese "xa basta de aproveitarse do traballo doutros" paréceme
un pouco excesivo.

3. 
"(iso si, seguro que son colegas)"

Arriba as conspiranoias!!!!


Xusto A. Rodríguez
SNL da USC

-----Mensaje original-----
De: Enrique Estévez Fernández [mailto:keko...@gmail.com] 
Enviado el: luns, 18 de marzo de 2013 2:26
Para: proxe...@roldas.trasno.net
CC: Trasno - Lista
Asunto: Re: Unha máis de propiedade privada da lingua

Ola.

Se están claramente identificados eses termos, habería que darlles un
toque. Hai que detelos cando fan mal as cousas. Xa basta de
aproveitarse do traballo doutros.

Saúdos.

2013/3/14 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> O SNL da USC publica un glosario feito con recursos públicos baixo
cláusulas
> restritivas
>
> http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2013_03/noticia_0077.html
>
> e hai moitas cousas "chupadas" das nosas listas y nin se di que
existimos...
> si existen outras entidades que nada teñen que ver co tema ou que
> "descaradamente" son comerciais (iso si, seguro que son colegas).
>
> Cando aprenderan estes das Universidades o significado do termo
> "universitas" ?
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> proxe...@roldas.trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a