> Algunha razón de porqué non é axeitada esa licenza para seren aceptada como
> libre
> http://freedomdefined.org/Licenses/NC/Es

Pois veño de ler iso e non atopo motivos que apliquen. É máis, dame a
impresión de estar lendo propaganda.

Indo ao concreto:
a) En que me afecta que ese tbx, previsibelmente de referencia, poida
ser usado por un tradutor voluntario de software libre como util
auxiliar nas súas traducións non remuneradas?

b) En que me afecta que ese tbx, previsibelmente de referencia, poida
ser usado por un tradutor de software libre como util auxiliar nas
súas traducións baixo minuta?

c) En que afecta esa clausula a que ese tbx poida ser usado polo
proxecto trasno para os seus acordos terminoloxicos, que son un
produto autónomo, anterior no tempo, e non son elaborados nin
publicados coa fin de obter remuneración nin pago económico, e son
publicados e distribuidos sob os termos dunha licenza que non ten esa
restrición ?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a