Non vou meterme no fondo da cuestión, porque non teño nin idea do tema, pero 
sobre isto:

O Mércores, 20 de Marzo de 2013 15:02:40 Xusto Rodriguez Rio escribiu:
> 1. 
> "publica un glosario feito con recursos públicos baixo cláusulas
> restritivas"
> 
> Ben, de acordo. 
> 
> Sinto que non deramos acadado o nivel esixible para algúns. En todo caso, na
> clasificación oficiosa de restritividade dos vocabularios galegos, non debe
> ser dos peores, non? Se temos en conta que se publica cunha CC
> Recoñecemento-NonComercial, e que deixamos para descarga a versión en
> .tbx... 
> 
> Se cadra, merecía un xuízo un pouco máis obxectivo.

Desde o punto de vista dun proxecto de tradución de software libre na que a 
defensa deste último ten tanto peso (ou máis) que a defensa da propia lingua, 
creo que a crítica non só é obxectiva, é bastante mesurada.

A licenza CC:BY-NC impide que un proxecto coma este poida elaborar traballos 
derivados (mellorar e ampliar o traballo feito) sen incumprir os nosos propios 
principios.

Podía ser peor? Para nós non. O mero feito de publicar o recurso significa que 
vai poder usarse —senón para que o publicas?—, e esa é precisamente a única 
liberdade que o proxecto Trasno se pode tomar con ese recurso cando o 
publicades baixo a CC:BY-NC. Aínda cunha licenza como a CC:NC-ND, ou unha 
“peor”, estariamos nas mesmas. Así que calquera outra licenza que tivésedes 
para escoller sería igual de prexudicial para nós, e para a cultura libre en 
xeral.

Poderemos agradecer que estea dispoñíbel en formato TBX, pero por favor, non 
saias a defender o tema da licenza.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a