Ola, Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada para o símbolo # (number sign ou hash en inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en que aparece en teclados de computador e de teléfono.
Polo que puiden atopar por aí: - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e "tecla cancelo") - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación figura nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo nin en que argumentos se baseou para facelo). Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do ámbito musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous símbolos diferentes, cos problemas de ambigüidade que de aí se derivan. Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema? Graciñas Xusto _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto