2013/4/30 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>

> Ola, graciñas polas respostas.
>
> Ao mellor non estaba mal que valorásedes a posibilidade de engadir
> "cancelo" como outra das denominacións galegas do #. Neste momento é a que
> recomendan en Termigal (telefonicamente, claro, as novas tecnoloxías non
> van con eles), e ten tamén algún uso na Galipedia (
> http://gl.wikipedia.org/wiki/Etiqueta_%28inform%C3%A1tica%29)
>
> Un saúdo
>
> Xusto
>

Na miña opinión, cancelo implica un peche|apertura, concretamente dun
portelo, polo que creo que acae «sempre» mellor a metáfora gráfica máis
ampla, como o caso de «grade» e non a metáfora máis restritiva de algo que
«pecha|abre acceso», máis aínda no mundo da informática.


> -----Mensaxe orixinal-----
> De: Antón Méixome [mailto:cert...@certima.net]
> Enviado: luns, 29 de abril de 2013 17:15
> Para: Trasno - Lista
> Asunto: Re: Terminoloxía: "hash key"
>
> 2013/4/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> >
> >
> > 2013/4/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>
> >> 2013/4/29 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>:
> >> > Ola,
> >> >
> >> > Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada
> >> > para o símbolo # (number sign ou hash en
> >> > inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en
> >> > que aparece en teclados de computador e de teléfono.
> >> >
> >> > Polo que puiden atopar por aí:
> >> > - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e
> >> > "tecla
> >> > cancelo")
> >> > - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación
> >> > figura nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo
> >> > nin en que argumentos se baseou para facelo).
> >> >
> >> > Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma
> >> > denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do
> >> > ámbito musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous
> >> > símbolos diferentes, cos problemas de ambigüidade que de aí se
> >> > derivan.
> >> >
> >> > Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema?
> >>
> >> Non.
> >>
> >> A nivel persoal teño escoitado chamarlle de distintos xeitos:
> >> «número», «almohadilla»,...
> >>
> >> Se consultas no Trobador poderás ver que normalmente se deixa sen
> >> traducir, aínda que algunhas veces se traduce («almohadilla»).
> >>
> >> Non é que no Trobador estean moitas das memorias que hai en
> >> http://www.trasno.net/trasno:memorias pero algo é algo. Habemos ter
> >> que ver de incorporar esas memorias, aínda que é un traballo pesado
> >> xa que hai que facelo unha a unha e creando antes os proxectos
> >> correspondentes.
> >>
> >> Por outra banda o Trobador non facilita filtrar os termos. Algo
> >> haberá que facer nese campo, pero non dispoño de excesivo tempo nin
> >> Trobador permite aínda devolver todos os resultados dunha busca de
> golpe.
> >>
> >> Unha opción para o de filtrar os termos sería intentar crear un
> >> script de busca, aínda que non me convence especialmente esta
> >> solución. Tamén requiriría tempo. Polo de agora pódese empregar grep,
> >> o que indica que hai máis de 650 aparicións de "hash" nos ficheiros
> >> TMX (o que seguramente inclúa tamén traducións).
> >>
> >>
> >> Deica
> >
> >
> > 7. grid
> > ?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen
> > considerar grella como incorrecto.
> >
> > cando me fixo falta eu empreguei, segundo o caso... «[símbolo de]
> > numeral» ou «grade»
> >
> > nos casos típicos: Screen #1 → Pantalla núm. 1
> >
> > Se non estou trabucado isto foi falado nos fíos e o apunte inicial
> > corresponde a un resumo (correo da lista xeral) dunha trasnada feito
> > por Méixome o 17/10/10 co asunto: Verbas caristiosas tratadas
> >
> >>
>
> Efectivamente
> http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/2010-October/001062.html
>
> Creo lembrar que o recollín todo aquí
>
>
> http://wiki.trasno.net/Nomes_de_signos_tipogr%C3%A1ficos_e_ortogr%C3%A1ficos
>
> De todas maneiras, ao desaparecer o Glósima como plataforma para recoller
> o debate terminolóxico, creo que é urxente que se poña ao día o Terminator
> con todo o que alí había e o que hai de novo.
>
> Fai falta, entre outras cousas porque agora tameń desapereceu o que había
> aquí http://corpus.mancomun.org
>
> P.S
> Se alguén me recorda como c!#$ se fai para que nas ligazóns do wiki
> apareza en cristiano, agradézollo
>
>
>
> >> > Graciñas
> >> >
> >> > Xusto
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> >
> >
> > --
> > Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> > http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to