2013/4/29 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2013/4/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>
>>
>> 2013/4/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>
>>> 2013/4/29 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>:
>>> > Ola,
>>> >
>>> > Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada para o
>>> > símbolo # (number sign ou hash en
>>> > inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en que
>>> > aparece en teclados de computador e de teléfono.
>>> >
>>> > Polo que puiden atopar por aí:
>>> > - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e "tecla
>>> > cancelo")
>>> > - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación
>>> > figura
>>> > nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo nin en que
>>> > argumentos se baseou para facelo).
>>> >
>>> > Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma
>>> > denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do ámbito
>>> > musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous símbolos
>>> > diferentes,
>>> > cos problemas de ambigüidade que de aí se derivan.
>>> >
>>> > Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema?
>>>
>>> Non.
>>>
>>> A nivel persoal teño escoitado chamarlle de distintos xeitos:
>>> «número», «almohadilla»,...
>>>
>>> Se consultas no Trobador poderás ver que normalmente se deixa sen
>>> traducir, aínda que algunhas veces se traduce («almohadilla»).
>>>
>>> Non é que no Trobador estean moitas das memorias que hai en
>>> http://www.trasno.net/trasno:memorias pero algo é algo. Habemos ter
>>> que ver de incorporar esas memorias, aínda que é un traballo pesado xa
>>> que hai que facelo unha a unha e creando antes os proxectos
>>> correspondentes.
>>>
>>> Por outra banda o Trobador non facilita filtrar os termos. Algo haberá
>>> que facer nese campo, pero non dispoño de excesivo tempo nin Trobador
>>> permite aínda devolver todos os resultados dunha busca de golpe.
>>>
>>> Unha opción para o de filtrar os termos sería intentar crear un script
>>> de busca, aínda que non me convence especialmente esta solución. Tamén
>>> requiriría tempo. Polo de agora pódese empregar grep, o que indica que
>>> hai máis de 650 aparicións de "hash" nos ficheiros TMX (o que
>>> seguramente inclúa tamén traducións).
>>>
>>>
>>> Deica
>>
>>
>> 7. grid
>> ?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen
>> considerar grella como incorrecto.
>>
>> cando me fixo falta eu empreguei, segundo o caso... «[símbolo de] numeral»
>> ou «grade»
>>
>> nos casos típicos: Screen #1 → Pantalla núm. 1
>>
>> Se non estou trabucado isto foi falado nos fíos e o apunte inicial
>> corresponde a un resumo (correo da lista xeral) dunha trasnada feito por
>> Méixome o 17/10/10 co asunto: Verbas caristiosas tratadas
>>
>>>
>
> Efectivamente
> http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/2010-October/001062.html
>
> Creo lembrar que o recollín todo aquí
>
> http://wiki.trasno.net/Nomes_de_signos_tipogr%C3%A1ficos_e_ortogr%C3%A1ficos
>
> De todas maneiras, ao desaparecer o Glósima como plataforma para
> recoller o debate terminolóxico, creo que é urxente que se poña ao día
> o Terminator con todo o que alí había e o que hai de novo.

Xa. Nunca dou atopado tempo para facer isto e moitas outras cousas
pendentes. En todo caso tampouco eran tantas as cousas a recuperar do
Glósima se non lembro mal, e si, téñoas por algures, creo que no
Dropbox.


> Fai falta, entre outras cousas porque agora tameń desapereceu o que
> había aquí http://corpus.mancomun.org

Iso correspondíase máis co Trobador que co Glósima/Terminator.


> P.S
> Se alguén me recorda como c!#$ se fai para que nas ligazóns do wiki
> apareza en cristiano, agradézollo

Creo que non hai xeito.


>>> > Graciñas
>>> >
>>> > Xusto
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>>
>> --
>> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>> http://galpon.org
>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a