2013/4/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
>
> 2013/4/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>> 2013/4/29 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>:
>> > Ola,
>> >
>> > Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada para o
>> > símbolo # (number sign ou hash en
>> > inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en que
>> > aparece en teclados de computador e de teléfono.
>> >
>> > Polo que puiden atopar por aí:
>> > - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e "tecla
>> > cancelo")
>> > - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación
>> > figura
>> > nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo nin en que
>> > argumentos se baseou para facelo).
>> >
>> > Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma
>> > denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do ámbito
>> > musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous símbolos
>> > diferentes,
>> > cos problemas de ambigüidade que de aí se derivan.
>> >
>> > Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema?
>>
>> Non.
>>
>> A nivel persoal teño escoitado chamarlle de distintos xeitos:
>> «número», «almohadilla»,...
>>
>> Se consultas no Trobador poderás ver que normalmente se deixa sen
>> traducir, aínda que algunhas veces se traduce («almohadilla»).
>>
>> Non é que no Trobador estean moitas das memorias que hai en
>> http://www.trasno.net/trasno:memorias pero algo é algo. Habemos ter
>> que ver de incorporar esas memorias, aínda que é un traballo pesado xa
>> que hai que facelo unha a unha e creando antes os proxectos
>> correspondentes.
>>
>> Por outra banda o Trobador non facilita filtrar os termos. Algo haberá
>> que facer nese campo, pero non dispoño de excesivo tempo nin Trobador
>> permite aínda devolver todos os resultados dunha busca de golpe.
>>
>> Unha opción para o de filtrar os termos sería intentar crear un script
>> de busca, aínda que non me convence especialmente esta solución. Tamén
>> requiriría tempo. Polo de agora pódese empregar grep, o que indica que
>> hai máis de 650 aparicións de "hash" nos ficheiros TMX (o que
>> seguramente inclúa tamén traducións).
>>
>>
>> Deica
>
>
> 7. grid
> ?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen
> considerar grella como incorrecto.
>
> cando me fixo falta eu empreguei, segundo o caso... «[símbolo de] numeral»
> ou «grade»
>
> nos casos típicos: Screen #1 → Pantalla núm. 1
>
> Se non estou trabucado isto foi falado nos fíos e o apunte inicial
> corresponde a un resumo (correo da lista xeral) dunha trasnada feito por
> Méixome o 17/10/10 co asunto: Verbas caristiosas tratadas
>
>>

Efectivamente
http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/2010-October/001062.html

Creo lembrar que o recollín todo aquí

http://wiki.trasno.net/Nomes_de_signos_tipogr%C3%A1ficos_e_ortogr%C3%A1ficos

De todas maneiras, ao desaparecer o Glósima como plataforma para
recoller o debate terminolóxico, creo que é urxente que se poña ao día
o Terminator con todo o que alí había e o que hai de novo.

Fai falta, entre outras cousas porque agora tameń desapereceu o que
había aquí http://corpus.mancomun.org

P.S
Se alguén me recorda como c!#$ se fai para que nas ligazóns do wiki
apareza en cristiano, agradézollo



>> > Graciñas
>> >
>> > Xusto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a