Ola,

Coméntovos varias cousas se se me están ocurrindo a ver que vos parecen:

 * Unificar as "axudas" a tradución nunha soa lista, isto é, que tanto os
resultados  das
       memorias de tradución locales e remotas como as buscas de elementos
semellantes
       no propio documento como os resultados das traducións automaticas
aparezan na
       mesma lista coa posibilidade de priorizar unhas fontes sobre outras.
 * Unha interface gráfica mais tipo Virtaal onde as casillas de edición
están na propia lista de
       cadeas e non aparte. Ademais penso que sería boa idea incluir nesa
casilla de edición o
       contexto e non como un widget aparte.
 *  Configuracións a varios niveis (plugin, perfil e proxecto). A
posibilidade de ter un parametro
        de configuración especifico para un determinado proxecto ou perfil.


Un saúdo e grazas pola axuda que me estades dando :D,
Marcos Chavarría.

2013/6/11 damufo <dam...@gmail.com>

>
> En 11/06/2013 9:51, Miguel Branco escribiu:
>
>
>
>
> 2013/6/10 damufo <dam...@gmail.com>
>
>> Boas
>> En 03/06/2013 20:34, Antón Méixome escribiu:
>>
>>  Ola Marcos
>>>
>>> - Capacidade para abrir-converter un número suficiente dos formatos
>>> (.po, .ts, .xliff, mediawiki, html ...), incluído o formato de Android
>>> - Manexo integramente con teclado
>>> - Realzado de variábeis e todo tipo de placeholders (xml, html, etc.)
>>> - Troceado equitativo (número de palabras) e fusión intelixente do
>>> traballo de varios tradutores sobre o mesmo ficheiro (situación:
>>> ficheiro de 5000 cadeas, que se reparte entre varias persoas, por
>>> tramos → fusión dos parciais para obter a tradución total
>>> - Visión de proxecto (con múltiples ficheiros: canto hai traducido,
>>> canto falta)
>>> - Propagación de traducións a cadeas idénticas
>>> - Posibilidade de comunicación escritorio-servizo web (cliente local -
>>> Transifex ou outro)
>>> - Creación de terminoloxía automatizada (baseándose en estatísticas).
>>> Isto é moi importante para a "continuidade" dunha tradución previa.
>>> - Análise de coherencia-calidade da terminoloxía
>>> - Exportación de corpus aliñado
>>> - Corrección ortográfica, oracional e de estilo (con distintas
>>> ferramentas como hunspell, languagetools, ...)
>>> - Estatísticas
>>> - Adaptable a pantalla (opción de interface simple ou complexa)
>>> - Controis de calidade (language tools)
>>> - Xestión das cabeceiras
>>> - Distintos modos de navegación entre cadeas (todas, só non
>>> traducidas, con suxestións ou difusas)
>>> - Autocálculo económico da tradución (prezo por palabras únicas con
>>> ponderación do par de linguas e dificultade, urxencia...)
>>> - Consulta de traducións doutros idiomas (se hai un repositorio
>>> consultable)
>>> - Capacidade de exportar-importar en formato .odt bilingüe con control
>>> de cambios. (Para tradución de documentos e revisión por parte de
>>> terceiros). A importación da revisión fariase a partir do control de
>>> cambios do odt.
>>> - Control de cambios no proxecto de tradución (traducións de longa vida)
>>>
>>  Xestión de proxectos (para os que teñen múltiples ficheiros)
>
>
>  IMO, especialmente orientado para (ou asumbible para persoas que
> traballan con) pequenos proxectos.
>
> Non comprendo moi ben, refírome a algo como ten o Poedit, indicar un
> cartafol onde están todos os po e que o aplicativo amose unha barra de
> progreso, cadeas traducidas, pendentes...
>
>
>
>
>
>
>   - Buscas en Internet integradas (Buscatermos, Wikipedia, etc)
>>>
>>> - Multiplataforma e autocontido (para Windows)
>>>
>>> Por suposto,
>>>
>>> Memoria de tradución (se hai varias, poder priorizalas)
>>> Consulta a servidor de TMX remoto (Trobador)
>>> Actualización dunha determinada TMX automática e exportable.
>>> Glosario de unidades terminolóxicas (non de palabras soltas)
>>> Consulta a servidor TBX remoto (Terminator)
>>> Tradución automática (con devolución da tradución mellorada á máquina)
>>>
>>>
>>> 2013/6/3 Marcos Chavarría Teijeiro <chavarria1...@gmail.com>:
>>>
>>>> Ola a todos!
>>>>
>>>> Fai uns meses enviei un correo a esta lista para preguntarvos
>>>> se me podíades orientar con posibles melloras para o Gtranslator
>>>> dentro do Google Summer of Code deste verán.
>>>>
>>>> Ó final a miña proposta foi non mellorar senón rediseñar e reescribir
>>>> este programa en Vala, así que volvo a vós para pedirvos axuda e
>>>> preguntarvos que incluiríades cada un na vosa ferramenta perfecta.
>>>>
>>>> Esta pregunta inclúe tanto aspectos de interface gráfica como de
>>>> presencia de determinadas caracteristicas. Así que se algunha vez
>>>> pensastes que o voso editor tiña que ter un par de ás e poder voar
>>>> este é o momento de dicilo.
>>>>
>>>> Un saúdo,
>>>> Marcos Chavarría Teijeiro.
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>>  _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing 
> listProxecto@trasno.nethttp://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a