@ Leandro: varias destas cousas aparecen nun libro do que perdín a
referencia. Tal vez poidas facer algo ao respecto (refrescar a
memoria, que se lle dicía)

>  * Unificar as "axudas" a tradución nunha soa lista, isto é, que tanto os
> resultados  das
>        memorias de tradución locales e remotas como as buscas de elementos
> semellantes
>        no propio documento como os resultados das traducións automaticas
> aparezan na
>        mesma lista coa posibilidade de priorizar unhas fontes sobre outras.

Caralludo!
A presentación predeterminada pode ser:
Autotradución
TM locais
TM remotas
MT
(Se hai un limiar de semellanza, cada TM debe estar á súa vez filtrada)
>  * Unha interface gráfica mais tipo Virtaal onde as casillas de edición
> están na propia lista de
>        cadeas e non aparte. Ademais penso que sería boa idea incluir nesa
> casilla de edición o
>        contexto e non como un widget aparte.

Que o contexto vaia sempre á vista véxoo ben.
O de facer que o formulario de edición sexa parte integral da lista de
unidades de tradución a min persoalmente (insisto: persoalmente) non
me gusta, pero como vexas.

>  *  Configuracións a varios niveis (plugin, perfil e proxecto). A
> posibilidade de ter un parametro
>         de configuración especifico para un determinado proxecto ou perfil.

Non o entendo ben.

Unha cousa que sería interesante: Poder definir disposicións dos
paneis (como se lle chame a un docker en gtk), e establecer unha como
predeterminada do proxecto.

Caso de uso: (pensar en termos de Lokalize)
- Uso un proxecto para traducir, coa miña identidade como tradutor.
- Para meter as traducións uso outro  proxecto, coa miña identidade
como revisor/validador (@adrián: os detalles nunha mensaxe pasada á
lista de kde-l10n-doc). Neste proxecto filtro para ver só os ficheiros
con nome ( po$) (rematados en po), e teño definido para sincronización
secundaria a copia local do repositorio.

Cando traduzo uso os paneis de contexto, unidade de tradución, listaxe
de unidades de tradución, glosario e memoria de tradución.
Ocasionalmente algún de sincronización.
Cando reviso vexo a lista de ut, a ut e o seu contexto, o glosario e o
panel de sincronización secundaria. Poño (se poido) case todo en
coluna, menos a lista de ut e o glosario, que van a un lado.

E cada vez que abro, pois teño que redistribuir.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a