2013/6/17 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> @ Leandro: varias destas cousas aparecen nun libro do que perdín a
> referencia. Tal vez poidas facer algo ao respecto (refrescar a
> memoria, que se lle dicía)

Refíreste a «Traducción y tecnologías» escrito por Antoni Oliver,
Joaquim Moré e Salvador Climent publicado por Editorial UOC con ISBN
978-84-9788-740-3 e que me prestaches hai xa moito moito tempo?

A todo isto, a ver cando cadramos e cho devolvo.

>>  * Unificar as "axudas" a tradución nunha soa lista, isto é, que tanto os
>> resultados  das
>>        memorias de tradución locales e remotas como as buscas de elementos
>> semellantes
>>        no propio documento como os resultados das traducións automaticas
>> aparezan na
>>        mesma lista coa posibilidade de priorizar unhas fontes sobre outras.
>
> Caralludo!
> A presentación predeterminada pode ser:
> Autotradución
> TM locais
> TM remotas
> MT
> (Se hai un limiar de semellanza, cada TM debe estar á súa vez filtrada)
>>  * Unha interface gráfica mais tipo Virtaal onde as casillas de edición
>> están na propia lista de
>>        cadeas e non aparte. Ademais penso que sería boa idea incluir nesa
>> casilla de edición o
>>        contexto e non como un widget aparte.
>
> Que o contexto vaia sempre á vista véxoo ben.
> O de facer que o formulario de edición sexa parte integral da lista de
> unidades de tradución a min persoalmente (insisto: persoalmente) non
> me gusta, pero como vexas.

Non teño preferencia sobre unha interface Virtaal-Lokalize, pero hai
determinadas cousas da interface de Virtaal que me gustan máis, como
os placeables 
http://docs.translatehouse.org/projects/virtaal/en/latest/placeables.html
ou o seu método para inserir a terminoloxía (aínda que o de Lokalize é
menos intrusivo).

>>  *  Configuracións a varios niveis (plugin, perfil e proxecto). A
>> posibilidade de ter un parametro
>>         de configuración especifico para un determinado proxecto ou perfil.
>
> Non o entendo ben.
>
> Unha cousa que sería interesante: Poder definir disposicións dos
> paneis (como se lle chame a un docker en gtk), e establecer unha como
> predeterminada do proxecto.
>
> Caso de uso: (pensar en termos de Lokalize)
> - Uso un proxecto para traducir, coa miña identidade como tradutor.
> - Para meter as traducións uso outro  proxecto, coa miña identidade
> como revisor/validador (@adrián: os detalles nunha mensaxe pasada á
> lista de kde-l10n-doc). Neste proxecto filtro para ver só os ficheiros
> con nome ( po$) (rematados en po), e teño definido para sincronización
> secundaria a copia local do repositorio.
>
> Cando traduzo uso os paneis de contexto, unidade de tradución, listaxe
> de unidades de tradución, glosario e memoria de tradución.
> Ocasionalmente algún de sincronización.
> Cando reviso vexo a lista de ut, a ut e o seu contexto, o glosario e o
> panel de sincronización secundaria. Poño (se poido) case todo en
> coluna, menos a lista de ut e o glosario, que van a un lado.
>
> E cada vez que abro, pois teño que redistribuir.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a