Ola!

Son Alba González Fuentes, ourensana residente en Barcelona, licenciada en
Tradución e Interpretación este mesmo ano, ademais de violinista.

Levo un ano longo colaborando con Mozilla, realizando a localización ao
español de varios proxectos como boletíns mensuais (Firefox y tú), páxinas
web (SUMO, MDN), blogs (La Guarida) e publicacións en redes sociais. Destes
dous últimos proxectos son, ademais, coordinadora.

Gustaríame axudar á localización ao galego de todo o software posible,
porque son a primeira que desexa ter os seus programas en galego e,
ademais, creo que o software libre é unha das grandes cousas destes últimos
tempos, algo que fai que a internet gañe moito en igualdade.

Que me gustaría localizar? Calquera cousa. Todo me gusta, todo me chama.
Son amante dos videoxogos e de todo o referido á informática, así que estou
disposta a intentalo co que me boten.


Grazas a todos!

-- 
A.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a