2013/9/4 Alba G. Fuentes <a.glez.fuen...@gmail.com>:
> Sinto tanta tardanza na miña resposta.
> Adoito utilizar moitos e variados programas, como Thunderbird, Firefox,
> OpenOffice, LibreOffice, VLC... O certo é que, xa que colaboro coa tradución
> ao español e iso me axuda a estar ao día, me gustaría tomar parte na
> localización ao galego do relacionado con Mozilla.
>
> Un saúdo,
>
> Alba.

Ola Alba,

Lóxico, ponte en contacto con Henrique Estévez, que é o responsable de
tradución de todo o de Mozilla e que vai agradecer a túa colaboración:
razamo...@gmail.com

Ah, e moi benvida!

:-)




>
> El 26/08/13 19:05, Adrián Chaves Fernández escribió:
>
>> O Domingo, 25 de Agosto de 2013 13:37:14 Alba G. Fuentes escribiu:
>>>
>>> Gustaríame axudar á localización ao galego de todo o software posible,
>>> porque son a primeira que desexa ter os seus programas en galego e,
>>> ademais, creo que o software libre é unha das grandes cousas destes
>>> últimos
>>> tempos, algo que fai que a internet gañe moito en igualdade.
>>>
>>> Que me gustaría localizar? Calquera cousa. Todo me gusta, todo me chama.
>>> Son amante dos videoxogos e de todo o referido á informática, así que
>>> estou
>>> disposta a intentalo co que me boten.
>>
>> A iniciativa é mellor que saia de ti respecto a que traducir, así o
>> collerás con máis ánimo. Ademais, se traduces un programa que coñeces sempre
>> é máis difícil meter a zoca :)
>>
>> Que programas de software libre adoitas empregar? Pensa preferiblemente en
>> programas de pouca complexidade, é mellor ir de menos a máis que de máis a
>> menos (incluso aínda que teñas experiencia traducindo outro tipo de
>> recursos).
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a