[G11n] incidencias co Lokalize

2009-08-17 Conversa Leandro Regueiro
 Polas miñas indagacións, non recoñece a palabra reservada msgctxt, na que eu
 lle indico o contexto, cando fago a conversión de .ts a .po. Polo que vin nas
 especificacións de .po si que se emprega e xa me teño topado con ficheiros que
 .po que si que aparece e ata o translate toolkit o conversor ts2po a emprega, 
 co
 que me parece raro. Supoño que é problema do Lokalize, xa que si ao ficheiro 
 .po
 lle quito esas liñas, si que mos carga, co que podería ser un erro. Xa me
 contaredes os que empregades o Lokalize.

Tanto o Poedit, a partir de non sei cal versión a cal xa quedou moooi
atrás, e mailo Lokalize e diria que o Kbabel nos seus últimos anos,
soportan perfectamente msgctxt.

 O problema que teño coa tradución é que non me pilla as cadeas deste tipo:

 msgid Could not read directory
 %1
 msgstr 

Se queres partir unha cadea orixinal en varias liñas tes que comezar e
rematar cada liña con  como che dixo Marce.

 Non mas recoñece nin o OmegaT nin o Poedit. No primeiro non as colle para
 traducilas e no segundo pois colle así:
 Could not read director
 Perdese o último caracter e non aparece o da liña de abaixo. Vou a facer
 probaturas e a ver se metendo todo na mesma liña e indicando salto de liña con
 /n me funciona e mirar na interface do programa se todo vai ben.

 Pois facendo probas con eso de arriba, creo que pondoo da seguinte maneira:
 msgid Could not read directory
 %1
 msgstr 
 Pois o Poedit, xa pillaba todo, pero metíao todo na mesma liña, cousa que non
 creo que valga, pois no Lokalize petou o programa. Adxunto a captura do erro e
 o informe que xerou o programa, por se pode ser de utilidade para enviarlle ao
 desenvolvedor.

Pois se queres que no editor che aparezan en varias liñas diria que é
así, ou polo menos así o vin en varios ficheiros de diferentes
proxectos:

msgid Could not read directory\n
%1
msgstr 

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] [terminoloxia] sticky

2009-08-17 Conversa Leandro Regueiro
 Temos inconsistencia tamén aquí

 - pegañento
 - *pegaxoso
 - *pegoñento
 - persistente
 - pezoñento (??)
 - adhesivo
 - sticky-bit

 Tanto no caso do sticky bit coma no de sticky notes/keys sería mellor
 ir decantándose por unha. Tanto «fixo/fixado»,

 O termo fixo/fixado pode non ser moi axeitado en moitos casos xa que
 predefine que queda aí

 «persistente», «adhesivo» poderían ser respectivamente boas solucións. Por
 moito que haxa un certo uso de colar (con cola), creo que o de pegañento

 É o que eu acostumo empregar xa que define moito mellor o sentido de
 removible


 é un exceso :-) no calco do inglés. A inconsistencia neste caso é máis
 polo gasto de variantes de pegar que por diferentes palabras. O resto de
 variantes son un erro.

Xa que saiu o tema vou pegar o meu ficheiro referente a sticky aquí embaixo:

#

Pegañento   (17×KDE + GNOME) = 18
Persistente (12xGNOME) = 12
Adhesivo(11xGNOME) = 11
Pegoñento   (3xKDE) = 3
Pegaxoso(GNOME) = 1


Sticky Note = Nota adhesiva (10xGNOME)
Sticky Keys = Teclas persistentes (5xGNOME) = Teclas pegañentas
(4xKDE) = Teclas presas (Windows)
Sticky Tags = Etiquetas persistentes


Teño dúbidas sobre pegoñento e pegaxoso.

No glosario de Mancomun só aparecen sticky keys e sticky tags como
teclas persistentes e etiqueta adhesiva e nos outros glosarios non
aparece nada.

NOTA POSTERIOR: quizais fixo (de fixar) tamén sexa aceptable no de
sticky windows

#

Para min que o resolvemos todo con persistente e máis adhesivo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] [terminoloxia] browser

2009-08-17 Conversa Leandro Regueiro
2009/8/11 Antón Méixome meixome en mancomun.org:
 Termo básico pero aparecen traducións inconsistentes

 - navegar / navegador
 - examinar /examinador
 - explorar /explorador

 Unfortunately your *browser* does not support floating frames.
 O seu explorador non soporta marcos flotantes

 Creo que estaría ben fixalo sempre como navegador.

 No caso do escritorio, no contexto dun xestor de ficheiros, pode ser
 oportuno traducir como explorador, pero non ao revés.

 ~Display documents in browser    ~Amosa os documentos no navegador
  Use browser settings    Utilizar configuración do explorador

Coido que deberiamos manter tanto navegador como examinador. Eu
adoito usar examinador para esa ventá que aparece cando lle das a
abrir ficheiro (ou a gardar como).

Pego resultados sacados da bd de open-tran.

##

Navegador  (78×KDE + 32×GNOME + 8×XFCE + 9xSUSE + OpenOffice.org) = 128
Explorador (3xKDE + 5×GNOME + 10xSUSE + 6xOpenOffice.org) = 24
Examinador (10×GNOME) = 10
Visualización  (2xGNOME) = 2
Buscador   (KDE) = 1
Navegacion (KDE) = 1
Navegadora (KDE)


O glosario de Trasno recomenda navegador e tamén acepta
explorador. O glosario de Mancomun recomenda navegador.

##

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[G11n] Gralla na traduzón do xestor de actualizacións

2009-08-17 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Fran Dieguez wrote:
 Ola rapazada,

 Ao actualizar unha intrepid cara unha jaunty topei unha gralla. O
 detalle é que o
 disco duro estaba cheo e precisaba máis espazo.
 Nese diálogo mostrou algo como todal que debería correxirse cara
 total.

 Desculpade pola pouca información, agardo que se poida localizar
 correctamente

 Saudañas

Graciñas polo aviso Fran!

O problema estaba no paquete update-manager. Debería aparecer
corrixido no próximo paquete de idioma da Ubuntu Jaunty e na Karmic.

Saudos
Felipe.


[G11n] [terminoloxia] socket

2009-08-17 Conversa Leandro Regueiro
 En portugués, optaron pola adaptación alternando co anglicismo : socket 
 soquete, socket

 En francés, segundo a terminoloxía de Sun

 en. socket    fr. socket  pero tamén aínda que con uso mínimo connecteur

 En catalán tampouco están mellor : sòcol (!), connector, socket

   Nota miña: a palabra socket (neste caso diminutivo de
   sock=calcetín) non ten nada que ver con zócolo (en. baseboard,
   skirting board)

 En español traduciuse sempre como socket en Mandriva, KDE, Gnome, ...
 aínda que a min o de zócalo del procesador sóame moito.

 En resumidas contas,

 Creo que se debería deixar como «socket» ou como moito ilo adaptando á
 ortografía (sócket) algo como sóquet, soquete ou mesmo reinterpretando como
 zoquete  creo que están fóra de utilidade. Tampouco me parece adecuado
 seguilo traducindo como «conectador» xa que se confunde con outro termo, moi
 usado en openoffice é que é obvio que non ten mellor adaptación posíbel que
 como conector (connector).

 Opinións, máis datos...?

 Vocabulario de informática
 editado polo Servizo de normalización lingüisica da Universidade de Vigo
 Autores Guinovart e Lorenzo, data 1994
 na súa última entrada
 Z
 500 zócolo m
 zócolo para coprocesador
 (EN socket)
 (ES) zócalo

 Ata aquí todo correcto. Eu normalmente non traduzo o termo, a no ser nos
 casos nos que está máis que claro que se refire a algo en concreto:
 Conectadores seie, paralelo, COM.. etc... en que emprego conectador.
 Moitas veces refirese a un socket  interno do procesador, polo que é
 prácticamente imposible (para a maioría de nos) saber a que tipo de
 estructura interna do procesador se refire, xa que podería ser traducido por
 porta, ruta/camiño, ligazón etc... según fose a actividade dese
 socket, neste caso deixo o termo orixinal.

Pois non sei, disto xa se falara en marzo deste ano na rolda de
Trasno. Mágoa non ter un arquivo para podelo consultar na rede. Ao
final non se chegara a nada. Pego o meu ficheiro sobre socket:

#
socket -- 87
Mandriva:  4
GNOME:  17
KDE:  59
SUSE:  5
XFCE:  2

conectador -- 18
GNOME:  11
KDE:  1
XFCE:  6

conexión -- 1
KDE:  1

porto -- 1
GNOME:  1


O glosario de Mancomun recomenda conectador e o de Trasno socket.
#

Quizais deberiamos ver como se traduce en máis linguas: italiano,
romanés, portugués brasileiro...

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] incidencias co Lokalize

2009-08-17 Conversa Enrique Estevez
Ola.

Hoxe voltando a facer probas e con Fran na Oficina, ensineille o exemplo do 
ficheiro e xa diu con erro.

O erro que cometía era que cando facía a conversión, non metía entre comillas o 
contexto. En ver de polo así:

msgctxt Contexto

eu poñíao así:

msgctxt Contexto

por eso me fallaba. Na especificación de .po, pois non poñía nada e nos 
exemplos ía tal cual sen as comillas, pero tamén ía sen comillas ás veces o que 
vai entre msgid e msgstr. Non sei, nalgún lado me pareceu que ía sen comillas, 
ata estiven revisando algún ficheiro .po no que pensei velo sen elas e fixen 
probas co translate toolkit para ver como facía a conversión e si que traían as 
comillas. Obcequeime en que non levaba comilllas e por eso petaba o tratar con 
esa etiqueta.

O outro erro que me estaba a dar, creo que é cando traballa con ficheiros .po 
que non levan a cabeceira, este pedazo de código:

# Galician translation for deja-dup
# Copyright (c) 2009 Rosetta Contributors and Canonical Ltd 2009
# This file is distributed under the same license as the deja-dup package.
# FIRST AUTHOR EMAIL en ADDRESS, 2009.
#
msgid 
msgstr 
Project-Id-Version: 
Report-Msgid-Bugs-To: 
POT-Creation-Date: 2009-06-13 13:02-0400\n
PO-Revision-Date: 2009-05-06 01:37+\n
Language-Team: Galician gl en li.org\n
...

Sen esta cabeceira, creo que é cando da o erro que anexei no primeiro correo.

E no tocante ao das liñas, pois é o que decides. Que teñen que ir entre 
comillas. A ver como arranxo o conversor para que me traballe con estes 
detalliños e poida liberalo dunha vez, para que aquel que prefira traballar co 
Lokalize e con outros como OmegaT (no meu caso), poida traducir os .ts sen 
empregar o qtlinguist. Eu non o emprego porque non traballa con tmx e é dificil 
traballar con el. Non me habituo a el e o de ir xerando as súas memorias é un 
incordio.

Saúdos.

- Mensaje original -
De: Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego g11n en 
mancomun.org
Enviados: Lunes, 17 de Agosto 2009 12:14:06 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] incidencias co Lokalize

 Polas miñas indagacións, non recoñece a palabra reservada msgctxt, na que eu
 lle indico o contexto, cando fago a conversión de .ts a .po. Polo que vin nas
 especificacións de .po si que se emprega e xa me teño topado con ficheiros que
 .po que si que aparece e ata o translate toolkit o conversor ts2po a emprega, 
 co
 que me parece raro. Supoño que é problema do Lokalize, xa que si ao ficheiro 
 .po
 lle quito esas liñas, si que mos carga, co que podería ser un erro. Xa me
 contaredes os que empregades o Lokalize.

Tanto o Poedit, a partir de non sei cal versión a cal xa quedou moooi
atrás, e mailo Lokalize e diria que o Kbabel nos seus últimos anos,
soportan perfectamente msgctxt.

 O problema que teño coa tradución é que non me pilla as cadeas deste tipo:

 msgid Could not read directory
 %1
 msgstr 

Se queres partir unha cadea orixinal en varias liñas tes que comezar e
rematar cada liña con  como che dixo Marce.

 Non mas recoñece nin o OmegaT nin o Poedit. No primeiro non as colle para
 traducilas e no segundo pois colle así:
 Could not read director
 Perdese o último caracter e non aparece o da liña de abaixo. Vou a facer
 probaturas e a ver se metendo todo na mesma liña e indicando salto de liña con
 /n me funciona e mirar na interface do programa se todo vai ben.

 Pois facendo probas con eso de arriba, creo que pondoo da seguinte maneira:
 msgid Could not read directory
 %1
 msgstr 
 Pois o Poedit, xa pillaba todo, pero metíao todo na mesma liña, cousa que non
 creo que valga, pois no Lokalize petou o programa. Adxunto a captura do erro e
 o informe que xerou o programa, por se pode ser de utilidade para enviarlle ao
 desenvolvedor.

Pois se queres que no editor che aparezan en varias liñas diria que é
así, ou polo menos así o vin en varios ficheiros de diferentes
proxectos:

msgid Could not read directory\n
%1
msgstr 

Ata logo,
Leandro Regueiro
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n