Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Santiago Garcia Mantinan wrote:
> Cecais non estaba mal coller o texto que faga Rik, traducilo ó galego, e
> quedar cos da Xunta para termos todos unha reunión con eles :-)

por min vale pero eu non vou falar cos da xunta X))

> Saudos!
> --
> Manty/BestiaTester -> http://manty.i.am


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]




Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-08 Conversa Santiago Garcia Mantinan
> claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
> "chacho, dami algo" ... x

Buf, creo que Rik rematou un pouquichiño full dos da Xunta, resulta que ó
final queriase reunir con eles e nono recibiron :-((( por iso non presentou
a cousa da traducción ó galego, chegou a dicir, despois de mais dun día de
traballo nela, que inda que lle quedaba pouco, non a remataba :-(

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.i.am


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-08 Conversa Santiago Garcia Mantinan
> que cho conten Jacobo o Jesus, polo que sei trata diso que saiu no
> Correo Galego de que Fraga e Rik ían a comezar a traducir o linuz a
> galego ou algo así. por certo, se alguén ten o artigo a ver se mo pode
> pasar; porque eu seguira o enlace pero non rulaba ou non sei que pasou
> pero non o puidera ler.

De feito estaría ben que alguén o puxese por aqui transcrito, ou alo menos
resumido :-)

Polo que eu sei o único que houbo entre a Xunta e Rik foi un malentendido,
ou sexa, que Rik lles pedía que apoiasen a traducción do Linux ó galego e
eles entenderon que quería pasar todo o sistema informático da Xunta a Linux
X-))) en fin, e por riba, cando me din conta do malentendido, Rik non puido
xa falar con ninguén na Xunta para desfacelo :-(

Hoxe mesmo (5 de Abril) falei con Rik, e dí que cando teña tempo vai
terminar o que estaba facendo para darlles ós da Xunta, pero que o fará en
plan carta aberta. En canto seipa algo mais xa volo direi.

Cecais non estaba mal coller o texto que faga Rik, traducilo ó galego, e
quedar cos da Xunta para termos todos unha reunión con eles :-)

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.i.am


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:
> O caso é que estivo a falar connosco sobre o tema, e dixo que tiña
> unha reunión cos da xunta (non sei para que exactamente).  E tamén dixo que
> podía darnos un subdominio, tal e como o dicía, semellaba que para el era
> tan doado como dicir "fu". :-D

home, dar un subdominio, case que non interesa moito non? porque ter un
subdominio de linux.org por exemplo non sería moi lóxico; e doutros
sitios menos (para iso xa o temos en SF).

>  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 



Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Thu, Mar 30, 2000 at 01:24:02AM +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

>> Oye, estoy anonadado. ¿Alguen me pode explicar que diaños (con perdon) é 
>> todo iso de
>> que o Van Riel lle foi pedir non sei que a Don Manuel?
>
>que cho conten Jacobo o Jesus, polo que sei trata diso que saiu no
>Correo Galego de que Fraga e Rik ían a comezar a traducir o linuz a
>galego ou algo así. por certo, se alguén ten o artigo a ver se mo pode
>pasar; porque eu seguira o enlace pero non rulaba ou non sei que pasou
>pero non o puidera ler.

A ver...

http://www.elcorreogallego.es/periodico/2318/area_de_compostela/n18978.asp

Pois iso, que na columna da dereita pon: "Rick Van Riel anunció la
traducción de Linux al gallego". :-D

O caso é que estivo a falar connosco sobre o tema, e dixo que tiña
unha reunión cos da xunta (non sei para que exactamente).  E tamén dixo que
podía darnos un subdominio, tal e como o dicía, semellaba que para el era
tan doado como dicir "fu". :-D

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
"Francisco X. Vázquez" wrote:
> 
> "Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:
> 
> > Jacobo Tarrio wrote:
> > >
> > > O Tue 28 Mar 2000 23:37:59 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> > >
> > > > claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
> > > > "chacho, dami algo" ... x
> > >
> > >  Xa o tentou, pero "andaban ocupados" :-)
> >
> > hmmm, claro ... estaría botando unha soneca ... porque agora que non vai
> > polo parlamento e non durme alí a sesta ... xDDD
> >
> > pois eu pensei que algo si que conseguira :///
> 
> Oye, estoy anonadado. ¿Alguen me pode explicar que diaños (con perdon) é todo 
> iso de
> que o Van Riel lle foi pedir non sei que a Don Manuel?

que cho conten Jacobo o Jesus, polo que sei trata diso que saiu no
Correo Galego de que Fraga e Rik ían a comezar a traducir o linuz a
galego ou algo así. por certo, se alguén ten o artigo a ver se mo pode
pasar; porque eu seguira o enlace pero non rulaba ou non sei que pasou
pero non o puidera ler.

> Ala ata outra e ¡Pola sombra!

si ho, como que "fai un sol de carallo" ... x


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]



Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

> Jacobo Tarrio wrote:
> >
> > O Tue 28 Mar 2000 23:37:59 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> >
> > > claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
> > > "chacho, dami algo" ... x
> >
> >  Xa o tentou, pero "andaban ocupados" :-)
>
> hmmm, claro ... estaría botando unha soneca ... porque agora que non vai
> polo parlamento e non durme alí a sesta ... xDDD
>
> pois eu pensei que algo si que conseguira :///

Oye, estoy anonadado. ¿Alguen me pode explicar que diaños (con perdon) é todo 
iso de
que o Van Riel lle foi pedir non sei que a Don Manuel?

Ala ata outra e ¡Pola sombra!



Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Tue, Mar 28, 2000 at 11:37:59PM +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

>iso dos custos é un dos problemas: parece que a xente (inclúome) é
>partidaria de non andar con estatutos e tal, e entón o de afrontar os
>custos é unha historia; e por ese motivo non creo que sexa plan andar
>"de prestado".

Estou de acordo neses dous puntos (estatutos e custos) ;-)

De calquera xeito, para colaborar (i.e Mozilla), non fai falla ese
tipo de unión servidor+estatutos...

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Tue, Mar 28, 2000 at 08:25:51AM +0200, Jacobo Tarrio escribiu:

>> >  * Foros de discusión (cousas desas en web que ninguén usa)
>>  Os arquivos das listas na web si que os uso eu. :-)
> Xa, pero non son eses os foros de discusión :-)

Pois non sei que é iso... será que tes razón, ninguén os usa. :-D

>> >  * Pódeselles emprestar un dominio para que respondan a el
>>  Eei, iso si que non o sabía eu!!!
>
> Pois si; mércase, por exemplo, linuxengalegomandacarallo.com, pídeselles
>que se encarguen de respostar a el no noso nome, e todos eses nomes
>*.legal.sourceforge.net pasan a ser *.linuxengalegomandacarallo.com :-)

¿Ti lembras cal nos dixo o Rik que nos poderían ofrecer?

>>  Precisamente non nos gustaba por aquilo de ter "source" no nome do
>> dominio, queda un pouco parvo para un proxecto de traducción. :-D
>
> Home, pódese dicir que traducimo-lo código fonte dos programas e dos
>documentos :-

Iso é o que fan os de Windows, nós temos sistemas avanzados e
competentes que nos permiten traducir sen necesidade de tocar o código
fonte. }:DDD

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Camilo Regueiro wrote:
> 
> A verdade é que non temos alugado un 'servidor fisico', que mais ben sería
> unha conexión a un 'un servidor fisico', senon que alugamos os
> servicios pero bueno.

é que iso é interesante "pensando no futuro". por exemplo, para ter ahí
tamén o de CVS.

> Para rematar, o de Vieiros xa vai boa, perto de 1 ano creo, e foi cando
> sacamos o Xis.

hmmm, eu vin 24-Marzo e no ano non me fixei! xDD


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 




Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jacobo Tarrio wrote:
> 
> O Tue 28 Mar 2000 23:37:59 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> 
> > claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
> > "chacho, dami algo" ... x
> 
>  Xa o tentou, pero "andaban ocupados" :-)

hmmm, claro ... estaría botando unha soneca ... porque agora que non vai
polo parlamento e non durme alí a sesta ... xDDD

pois eu pensei que algo si que conseguira :///

>  Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
> 
> The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 




Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jacobo Tarrio
O Tue 28 Mar 2000 23:37:59 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

> claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
> "chacho, dami algo" ... x

 Xa o tentou, pero "andaban ocupados" :-)

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna


RE: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Camilo Regueiro
A verdade é que non temos alugado un 'servidor fisico', que mais ben sería
unha conexión a un 'un servidor fisico', senon que alugamos os
servicios pero bueno.

Con respecto ao dos estatutos... como vexades, nos imos seguir
adiante con eso e xa o temos todo feito, tan só nos queda que nos digan que
'si' :, ou sexa non tedes que facer nada, tan só subir ao barco.
pero se non o vedes convinte o entendo.


Para rematar, o de Vieiros xa vai boa, perto de 1 ano creo, e foi cando
sacamos o Xis.



Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Camilo Regueiro wrote:
> 
> Eu sigo a ofertar o servidor alugado que temos en Galego21, temos servidor
> Web, servidor Ftp e podemos dar de alta enderezos de correo electrónico, e
> por suposto acceso privilexiado ao ftp e mais ao web.

a ver, pero alugastes un servidor "físicamente" ou só contratastes
servicios de FTP, correo e web?

> [...]
>
> As ventaxas, que teríamos serían a de aunar esforzos e no caso de custos
> de servidor, etc... poderían repartirse entre mais xente (entre Galego21 e
> LeGal).

iso dos custos é un dos problemas: parece que a xente (inclúome) é
partidaria de non andar con estatutos e tal, e entón o de afrontar os
custos é unha historia; e por ese motivo non creo que sexa plan andar
"de prestado".

claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
"chacho, dami algo" ... x


PD: parece que ultimamente andades moi solicitados: Ramón e máis ti no
chat de Vieiros, un artigo sobre galego21 (que aínda non puden ler) en
A Nosa Terra, ... ;


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]




RE: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Camilo Regueiro
Eu sigo a ofertar o servidor alugado que temos en Galego21, temos servidor
Web, servidor Ftp e podemos dar de alta enderezos de correo electrónico, e
por suposto acceso privilexiado ao ftp e mais ao web.
O dominio poderia ser como se apuntou www.galego21.org/linux
No caso de que prefirades dar de alta un dominio, tampouco penso que
sería problema aloxalo no servidor.

As ventaxas, que teríamos serían a de aunar esforzos e no caso de custos
de servidor, etc... poderían repartirse entre mais xente (entre Galego21 e
LeGal).

O tema do PHP, vouno preguntar... non o teño seguro, pero sería
estupendo tamén para galego21.

O das listas de correos Ramon controla deso, pero apunto que hai un
servidor de listas que penso que funciona moi ben, pola experiencia que
estou a ter, xa que estou participando nunha lista creada por Ramon Flores e
eu creei outra, e polo de agora vai bastante ben.


Por certo se queredes vos envio os estatutos de Galego21 para que
lles botedes unha ollada, por se creedes interesante entrar a saco en
Galego21.


 bu parezo un comercial vendendo un producto
:), . pero como vexades vos.


O tema do Mozilla, Jesus.. estou vendo aínda o último Milestone (o
14 creo), e aínda ten algúns erros, pero estoume poñendo ao dia de como
atacar a traducción. Contamos cunha ventaxa moi grande, os de SoftCatalá
fixeron unha ferramenta para aproveitar traduccións anteriores, incluso das
versións 4.x do Communicator, co que estou con eso agora mesmo, ou sexa
tentar aproveitar as traduccións que fixemos para o Xis, en canto o teña
claro, poñemonos máns á obra, aínda que habería que crear outra lista de
traballo conxunto entre Galego21 eo LeGal :)), era unha broma, temos
que ver como coordinar o tema.



Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jacobo Tarrio
O Mon 27 Mar 2000 22:27:53 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

> >  * Foros de discusión (cousas desas en web que ninguén usa)
>   Os arquivos das listas na web si que os uso eu. :-)

 Xa, pero non son eses os foros de discusión :-)

> >  * Pódeselles emprestar un dominio para que respondan a el
>   Eei, iso si que non o sabía eu!!!

 Pois si; mércase, por exemplo, linuxengalegomandacarallo.com, pídeselles
que se encarguen de respostar a el no noso nome, e todos eses nomes
*.legal.sourceforge.net pasan a ser *.linuxengalegomandacarallo.com :-)

>  Precisamente non nos gustaba por aquilo de ter "source" no nome do
> dominio, queda un pouco parvo para un proxecto de traducción. :-D

 Home, pódese dicir que traducimo-lo código fonte dos programas e dos
documentos :-

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Mon, Mar 27, 2000 at 06:57:05PM +0200, Jacobo Tarrio escribiu:
> 
> >> o equivalente ao que temos agora mesmo nos dous grupos sería: CVS e unha
> >> sóa lista no GPUL, FTP no GLUG (cando o que o manexa restaure o
> >
> > E, se non, imos a SourceForge :-)
> 
> É certo, tamén o falaramos Manuel e máis eu...

pois si, xa estabamos pensando en facer un programa cutre para que nos
aceptaran (en coña claro), pero non fai falla x.

> E din que non hai problema se queres poñer algo que non sexa
> software. 8-)))
> 
> Eu voto por isto xa. :-D

eu non o teño claro de todo ... non sei por qué pero non acaba de gustar
(non o podo explicar). claro que sendo obxectivos, é o mellor que temos
ata o momento ... :)))

>  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]




Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Mon, Mar 27, 2000 at 06:57:05PM +0200, Jacobo Tarrio escribiu:

>> o equivalente ao que temos agora mesmo nos dous grupos sería: CVS e unha
>> sóa lista no GPUL, FTP no GLUG (cando o que o manexa restaure o
>
> E, se non, imos a SourceForge :-)

É certo, tamén o falaramos Manuel e máis eu...

>  * Foros de discusión (cousas desas en web que ninguén usa)

Os arquivos das listas na web si que os uso eu. :-)

>  * Pódeselles emprestar un dominio para que respondan a el

Eei, iso si que non o sabía eu!!!  Precisamente non nos gustaba
por aquilo de ter "source" no nome do dominio, queda un pouco parvo para un
proxecto de traducción. :-D

E din que non hai problema se queres poñer algo que non sexa
software. 8-)))

Eu voto por isto xa. :-D

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Jacobo Tarrio
O Mon 27 Mar 2000 16:51:44 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

> o equivalente ao que temos agora mesmo nos dous grupos sería: CVS e unha
> sóa lista no GPUL, FTP no GLUG (cando o que o manexa restaure o

 E, se non, imos a SourceForge :-)

 Dan: * Web, FTP e CVS (quota de 100 megas)
  * Listas de correo
  * Sistema de seguemento de bugs
  * Foros de discusión (cousas desas en web que ninguén usa)
  * Pódeselles emprestar un dominio para que respondan a el

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:
> En canto ós recursos que necesitamos, serían estes básicamente:
> 
> - Servidor Web (a ser posible con PHP3)
> - Servidor de correo con soporte de listas
> - ¿Servidor FTP?

sería bo ter o de FTP, dígoo porque nos fai falla un para a traducción
de doc do LDP. necesítano no LDP para facer "mirrors" semanais.

> Unha pregunta básica é se ten que ser todo moi cuadrado
> (www.legal.org, ftp.legal.org, cvs.legal.org, @legal.org), ou pode ser máis
> flexible (como penso eu).  Neste caso, o CVS ben podería estar onde está
> agora o de programas (ceu.fi.udc.es), e o servidor de correo noutra máquina
> que non tivese por que ser a do servidor web.

eu partiría do "ideal": ter un supercomputador hospedado na nasa cunha
conexión de 42 terabits/s e un dominio, con acceso para coordinador@s.
xa que o imos facer, imos facelo ben e planificalo pensando no futuro.

o equivalente ao que temos agora mesmo nos dous grupos sería: CVS e unha
sóa lista no GPUL, FTP no GLUG (cando o que o manexa restaure o
directorio, que xa leva fodido 3 semanas), e páxinas non se sabe
onde(onde están as de probas?). parece ser que os de udc son "reacios" a
darlle nada máis ao GPUL, así que habería que olvidarse de crear listas;
e ¿tedes FTP? se non, seguir dependendo do que o manexa no GLUG. e se
necesitamos proximamente algo máis? pois igual habería que buscalo
noutro sitio distinto.

por iso me parece que é mellor ir buscando un sitio onde teñamos os
maiores privilexios e comodidades posibles. se en galego21 teñen (tedes)
algo así como un servidor hospedado (é polo que preguntaba eu o outro
día) ou as IPs reais para GPUL (porque o servidor de conectiva véxoo
difícil), sería case case o "ideal".

finalmente, o "dominio bonito" é unha carallada e non inclúo este tema
no que dixen antes; pero en todo caso, se temos unha URL moi enrabichada
sempre podemos acudir a redireccionar ou algo.

> Posibilidades que temos ou serían desexables:
> 
> - Galego21 (imaxino que sería algo así como http://www.galego21.org/linux)
> - Dominio (e máquina) ofrecido pola xente de Conectiva (o dominio penso eu
>   que non tería problema, polo que nos dixo Rik Van Riel a Jacobo e a min)
> - Que o GPUL obteña direccións IPs reais dos rácanos da UDC. :-D  Eu penso
>   que sería o ideal, porque estaría mantido por xente de confianza, sería
>   moi sinxelo para administrar e para engadir o necesario (ex, PHP3)

eu engadiría a do GLUG, calificándoa como pouco probable.

> E por último o nome... O de "LeGal" foi un pouco precipitado, e
> semella que hai xente por aí á que non lle gusta (tampouco é que me
> estrañe).  ¿Algunha proposta...?

o complicado é inventar outro x.

*** aproveito para dicir que máis arriba dou resposta ao que dicía
Francisco X.V.G. (para centrar nesta mensaxe o dos recursos):
> Eu desas cousas non entendo pero ten que haber algunha paxina que ofreza
> servicios gratuitos de listas de correo para Linux ¿non?. Digo eu que para
> estas cousas non habera que ir pedir unha subvención a D. Manuel. ;-)


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe)