2010/5/10 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >> Faltaría máis ;-). A "primeira" sería "enable" -que traduciría por >> "habilitar"-, > > > polotanto disable → inhabilitar? >
Si, iso mesmo. Pero só é a miña opinión > A cousa é que o acordado é que enable/disable está a traducirse como > activar/desactivar, pero neste caso a función disabel refirese máis ao que > dicia Antón, de desmontar, desarmar, literalmente sería "discapacitar" ou > "incapacitar", pero non teño nada claro que sexa correcto. > > Igual me expliquei mal. Digo que, neste caso concreto, traduzamos de forma excepcional, pero que no resto de aplicacións continuemos a usar o mesmo criterio que xa se viña empregando. Con respecto á terminoloxía concreta, non creo que a que se usa no orixinal sexa algo estandarizado, simplemente buscaron dúas palabras similares para dúas funcións parecidas, pero penso que non é ningún tipo de termo técnico. Por comparar, ten bastante máis sentido (e polo tanto hai que traducir con coidado) a diferencia entre "restart" e "reload" cando falamos de volver cargar un servizo que xa está a se executar. Pero opino que neste caso non é importante que palabras usemos, con tal de diferenciar entre ambas funcións de forma coherente. Por suposto, podo estar equivocado. (Por certo, é cuestión de gustos, pero o de "incapacitar", ou "discapacitar", non me gusta nada. Soa como se lle escachásemo-las pernas en plan mafioso :). Román -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl