Boas.

Atopar si que o que atopamos.

Agora estamos a revisar o cluster básico, que consta de dous módulos, harness e 
platform e queremos deixalo ao cen por cen traducidos e revisados. So faltaría 
unha fase, verificalos no IDE.

Hai cousas que están traducidas e das que temos dúbidas e que no seu momento 
non se parou nelas, e o garbage collection é unha. Ademáis, tivemos a unhas 50 
persoas no proceso de tradución e cando fixemos as revisións, pois hai cousas 
que as ves e non paras nelas ata que lle das unha revisión máis a fondo.

A min, en clases sempre me falaron do "recolector de basura", senón me acordo 
mal. Se o traslado ao galego, saeme o colector de lixo, coa nova normativa o 
coletor de lixo. A min pareceme unha tradución válida, pero prefiro consultalo 
xa que non atopei nada en ningún lado, nin en open-tran, nin en mancomun, nin 
no cluvi.

Así que, esperamos fixar o termo, anque sexa provisionalmente.

A tradución actual, é recolector de lixo. Cando teñamos algo acordado, 
modificarase.

Saúdos.


----- Mensaje original -----
De: "mvillarino" <mvillarino en gmail.com>
Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en 
mancomun.org>
Enviados: Martes, 20 de Octubre 2009 9:05:27 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] Dúbida co seguinte termo: Garbage Collect

Coletor de lixo ?

2009/10/19 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> Penso que neste caso se debería ir realmente á definición e despois
> ver se hai algo mellor que simplemente transliterar.
>
> O "garbage collector" é unha parte das máquinas virtuais de certas
> linguaxes de programación (a máis famosa é Java). Podería dar eu unha
> definición, pero por que facelo se na Wikipedia xa teñen unha boa
> explicación:
>
> "In computer science, garbage collection (GC) is a form of automatic
> memory management. It is a special case of resource management, in
> which the limited resource being managed is memory. The garbage
> collector, or just collector, attempts to reclaim garbage, or memory
> occupied by objects that are no longer in use by the program. Garbage
> collection was invented by John McCarthy around 1959 to solve problems
> in Lisp."
>
> Podería traducirse entón como "liberador de memoria ..." ou cousas
> polo estilo. Abráiame que non atoparades isto antes se lle destes un
> bo golpe á tradución do Netbeans.
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a