>>>> O problema está en que, realmente non é depósito de lixo, un lugar onde 
>>>> deixalo, se non que é unha parte do programa que se encarga de buscar o 
>>>> "lixo" e xestionalo.
>>>
>>> Pois para min está claro... "o que recolle" o lixo é o barrendeiro do
>>> lixo ou, máis abstractamente o recolector do lixo.
>>
>> Non, o que fai é ir mirando a memoria da máquina virtual, e vendo que
>> cousas fai falta manter nela porque se están usando ou se poden usar,
>> e que cousas sobran (lixo) e libera a memoria que ocupaban esas
>> cousas. Insisto no de "liberador de memoria" ou traducións polo
>> estilo.
>
> Leandro, coido que te equivocas a medias. O garbage collector decide que
> memoria se libera pero tamén compacta memoria, reasigna espazos dentro
> da memoria, etc. en definitiva xestiona a memoria para optimizala.
>
> Podese ollar máis sobre a súa función en
> http://es.wikipedia.org/wiki/Recolecci%C3%B3n_de_basura

Tes moita razón. Pero esa información adicional que puxeches aquí
tampouco xustifica a tradución como "coletor de lixo" ou semellantes.
A miña proposta tampouco é exacta, pero é mellor ca esas. Algo como
"xestión da memoria da máquina virtual" queda moi longo, non?

Responderlle a