Boas. O problema está en que, realmente non é depósito de lixo, un lugar onde deixalo, se non que é unha parte do programa que se encarga de buscar o "lixo" e xestionalo.
Por iso en principio optamos por recolector de lixo. Con esta aclaración cal escollemos? Unha aperta. ----- Mensaje original ----- De: "Antón Méixome" <meixome en mancomun.org> Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en mancomun.org> Enviados: Martes, 20 de Octubre 2009 10:59:10 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / Berna / Roma / Estocolmo / Viena Asunto: Re: [G11n] Dúbida co seguinte termo: Garbage Collect Enrique Estevez escribiu: > Boas. > > Atopar si que o que atopamos. > > Agora estamos a revisar o cluster básico, que consta de dous módulos, harness > e platform e queremos deixalo ao cen por cen traducidos e revisados. So > faltaría unha fase, verificalos no IDE. > > Hai cousas que están traducidas e das que temos dúbidas e que no seu momento > non se parou nelas, e o garbage collection é unha. Ademáis, tivemos a unhas > 50 persoas no proceso de tradución e cando fixemos as revisións, pois hai > cousas que as ves e non paras nelas ata que lle das unha revisión máis a > fondo. > > A min, en clases sempre me falaron do "recolector de basura", senón me acordo > mal. Se o traslado ao galego, saeme o colector de lixo, coa nova normativa o > coletor de lixo. A min pareceme unha tradución válida, pero prefiro > consultalo xa que non atopei nada en ningún lado, nin en open-tran, nin en > mancomun, nin no cluvi. > > Así que, esperamos fixar o termo, anque sexa provisionalmente. > > A tradución actual, é recolector de lixo. Cando teñamos algo acordado, > modificarase. > > Saúdos. > RAG s *Colector do lixo*. Depósito de grandes dimensións que se coloca nas rúas para a recollida do lixo. /Utilicen os colectores de lixo. /SIN. */contedor/*. Daquela ou colector (que ten o problema de confundirse cunha tubaría, submarina ou non - emisario- ) ou contedor do lixo. Esta terminoloxía é de uso xeral na Admón tanto autonómica como municipal. Creo que a adaptación é mínima e vale perfectamente > > ----- Mensaje original ----- > De: "mvillarino" <mvillarino en gmail.com> > Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en > mancomun.org> > Enviados: Martes, 20 de Octubre 2009 9:05:27 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / > Berna / Roma / Estocolmo / Viena > Asunto: Re: [G11n] Dúbida co seguinte termo: Garbage Collect > > Coletor de lixo ? > > 2009/10/19 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>: > >> Penso que neste caso se debería ir realmente á definición e despois >> ver se hai algo mellor que simplemente transliterar. >> >> O "garbage collector" é unha parte das máquinas virtuais de certas >> linguaxes de programación (a máis famosa é Java). Podería dar eu unha >> definición, pero por que facelo se na Wikipedia xa teñen unha boa >> explicación: >> >> "In computer science, garbage collection (GC) is a form of automatic >> memory management. It is a special case of resource management, in >> which the limited resource being managed is memory. The garbage >> collector, or just collector, attempts to reclaim garbage, or memory >> occupied by objects that are no longer in use by the program. Garbage >> collection was invented by John McCarthy around 1959 to solve problems >> in Lisp." >> >> Podería traducirse entón como "liberador de memoria ..." ou cousas >> polo estilo. Abráiame que non atoparades isto antes se lle destes un >> bo golpe á tradución do Netbeans. >> >> Ata logo, >> Leandro Regueiro >> _______________________________________________ >> G11n mailing list >> G11n en mancomun.org >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n >> >> > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > -- Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706 Santiago de Compostela Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org> _______________________________________________ G11n mailing list G11n en mancomun.org http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n