Leandro Regueiro escribiu:
>>>>> O problema está en que, realmente non é depósito de lixo, un lugar onde 
>>>>> deixalo, se non que é unha parte do programa que se encarga de buscar o 
>>>>> "lixo" e xestionalo.
>>>>>           
>>>> Pois para min está claro... "o que recolle" o lixo é o barrendeiro do
>>>> lixo ou, máis abstractamente o recolector do lixo.
>>>>         
>>> Non, o que fai é ir mirando a memoria da máquina virtual, e vendo que
>>> cousas fai falta manter nela porque se están usando ou se poden usar,
>>> e que cousas sobran (lixo) e libera a memoria que ocupaban esas
>>> cousas. Insisto no de "liberador de memoria" ou traducións polo
>>> estilo.
>>>       
>> Leandro, coido que te equivocas a medias. O garbage collector decide que
>> memoria se libera pero tamén compacta memoria, reasigna espazos dentro
>> da memoria, etc. en definitiva xestiona a memoria para optimizala.
>>
>> Podese ollar máis sobre a súa función en
>> http://es.wikipedia.org/wiki/Recolecci%C3%B3n_de_basura
>>     
>
> Tes moita razón. Pero esa información adicional que puxeches aquí
> tampouco xustifica a tradución como "coletor de lixo" ou semellantes.
> A miña proposta tampouco é exacta, pero é mellor ca esas. Algo como
> "xestión da memoria da máquina virtual" queda moi longo, non?
>   

Recuperador de memoria o recolector de lixo

P.S. No meu correo anterior habería que corrixir o de barrendeiro (sería 
varrendeiro) aínda que o Volg non o recolle.

> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a