Leandro Regueiro escreveu: >>>>> A ver, para comezar penso que en vez de adaptarnos nós ao que fan os >>>>> desenvolvedores, que a veces non son moi conscientes do que fai falta, >>>>> é mellor dicirlles claramente que é o que nos fai falta, para que >>>>> fagan algo que lles sexa útil a milleiros de tradutores. A min o de >>>>> usar ntig para a tradución de SL parécemevos algo innecesario, por >>>>> exemplo, e non sei se nunha proba que se fixera con axuda de Marce >>>>> conseguiramos que o Lokalize tragara un ficheiro que só tiña tig. >>>>> >>>>> Se lles fan falta exemplos de TBX (incluíndo o de Mancomún): >>>>> http://ghicho.iespana.es/ E non vexo problemas en enviarlles o que hai >>>>> na forxa, no cal a xente de Tagen Ata (se non lembro mal) realizou un >>>>> gran traballo, aínda que evidentemente é mellorable. >>>>> >>>> Ok, mándolles entón o enlace ao proxecto da Forxa do glosario. Se algún >>>> día >>>> desaparece, xa lles mandaremos outro. >>>> >>> Paréceme ben, excepto polo feito de que no glosario de Mancomún non >>> están tódalas etiquetas que pensamos usar nos futuros glosarios. Igual >>> era boa idea coller e facer un TBX cunha ducia de entradas e os campos >>> que nos interesan... >>> >> Pois, é boa ideia. A ver se melhoram o suporte a TBX no TTK e no Virtaal, >> porque agora mesmo só aceita termo+equivalência (só 1)+comentário >> (=definiçom). >> > > E con iso non imos a ningures. Vexo necesario ter definición (quizais > por idioma), varias traducións posibles para cada idioma, estado de > tradución (recomendada, prohibida...), xénero ... non sigo que non > lembro máis. > > >> Por certo que tanto Shaforostoff como Illich em seus desenvolvimentos >> (Lokalize e DiverGloss) utilizam a versom alargada do estándar TBX, nom o >> TBX-Basic, por isso nom som compatíveis. Portanto, se se utiliza o >> TBX-Basic, haverá que ver se hai algumha ferramenta compatível em SL, o que >> até onde eu sei nom existe. >> > > A min dame igual que sexa TBX ou TBX-basic, ou máis ben non, debería > ser TBX xa que hai cousas que considero necesarias que non están en > TBX-basic, pero aínda así podemos pasar de usar ntig que complica > bastante a lectura do ficheiro, tanto por seres humanos como por > programas, e aínda por riba o ficheiro TBX ocupa máis espazo. > > Bom, creio que levas razom, o importante nom é a versom que se escolha.
O que nom sei é se nos estamos a referir ao mesmo: á recolha e fixaçom terminológica ou á interacçom com umha ferramenta dada (ou às 2 cousas, claro). Vamos, que vejo importante definir este aspecto e concretar os campos para utilizar (no estándar TBX (http://www.lisa.org/TBX-Specification.33.0.html) ou na versom Basic (http://www.lisa.org/TBX-Basic.926.0.html)) para que o trabalho despois seja reutiliz'avel na prática. Por isso pergunto por onde se está a tirar. Se se quere que as persoas desenvolvedoras melhorem o suporte a TBX para o podermos utilizar, haverá que especificar-lhes alguns destes pormenores. Como podo saber que especificaçom e que componhentes e atributos vam ser utilizados para as entradas terminológicas? Por outra parte, sabendo isto, poderase contrastar as 2 versons de TBX e ver qual se axusta melhor aos requirimentos, tendo em conta que no TBX-Basic estám precisados os elementos mínimos obrigatórios e os recomendados para a interacçom com ferramentas CAT. Aliás, se o que se procura é a simplicidade, parece que o TBX-Basic seria umha boa escolha. Mas depende, como digo, da orientaçom que lhe esteas a dar... > Ata logo, > Leandro Regueiro > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : gonzalo.vcf Tipo : text/x-vcard Tamaño : 324 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091109/c37c2fc0/attachment.vcf